IES de Monterroso

Recortes
 

Enderezo: Rúa Salvador Arotzarena,16 27560 Monterroso - Lugo 

Teléfono: 982 87 05 73 Teléfono de urxencias: 645 38 98 88

Correo electrónico: ies.monterroso@edu.xunta.es

Iniciación á robótica e impresión 3D

Codeweek

Do 13 ao 19 de outubro tivo lugar no IES de Monterroso, nos grupos de 1º de Ciclo Medio de Sistemas Microinformáticos e Redes e 2º de FP Básica de Informática de Oficina, a actividade Codeweek.

Actividade integrada na iniciativa europea #CodeWeek (9 a 24 outubro de 2021) a semana europea da programación, na que tentamos achegar o pensamento computacional para a resolución de problemas mediante a realización dun proxecto de robótica básico e aplicación práctica da impresión 3D.


As/Os estudantes realizaron un proxecto paso a paso (desde a lóxica ata a implementación) para construir unha barreira activada mediante sensores de presenza empregando ARDUINO, actuadores e sensores.

A impresión de certos elementos coa impresora 3D permitu aos estudantes coñecer esta tecnoloxía e o seu emprego práctico.

https://codeweek.eu/view/375212/iniciacion-a-la-robotica-y-3d
https://codeweek.eu/

FONDOLIBROS

Con data do 20 de maio de 2021 a Xunta publicou a Orde pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2021/22.


O prazo de entrega de solicitudes remata o 22 de xuño de 2021.

Información

Anexos I y II 

 

 

GRADUACIÓN DE 2º DE BACHARELATO

O martes 18 de maio tivo lugar unha celebración no centro para despedir ao alumnado que cursou 2º de Bacharelato.
Debido á situación de pandemia non puideron asistir as familias, polo que se conectaron por videoconferencia. Ademais, o acto foi retransmitido en directo por youtube.

Traballos de Ed. Plástica de 1º ESO

Ilustracións realizadas polo alumnado de 1 ESO ( A e B) na materia de Ed. plástica.

Son bodegóns realizados con diferentes técnicas e tentando facer unha versión das obras pictóricas que trataron esta temática.

MARCAPÁXINAS "XELA ARIAS". PROXECTO ETWINNING

Con motivo do Día das Letras Galegas realizouse unha exposición con marcapáxinas elaborados polo alumnado de FP Básica e 1º de CM nos módulos “Ofimática e Arquivamento de documentos”, “Operacións auxiliares para a configuración e a explotación” e  “Aplicacións Ofimáticas”.

 

Este alumnado participou no 11º Concurso Europeo de Marcapáxinas, o cal está enmarcado dentro do proxecto eTwinning “Letras Galegas 2021- Xela Arias. O obxectivo deste proxecto é difundir a lingua e literatura galega traballando nun proxecto colaborativo a nivel europeo e nesta edición participaron centros de España e Portugal.

  

O xurado do concurso concedeu un accésit ao marcapáxinas da alumna de 1º FP Básica, Érica Fernández García.

 

 

 

CHARLA DE DIVULGACIÓN CIENTÍFICA

A evolución da paisaxe e do clima. Metodoloxía de investigación”

O pasado martes, 16 de marzo, recibimos unha visita especial; a Doutora Luísa Santos Fidalgo, do Departamento de Física e Ciencias da Terra da Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña, encargouse de impartir a conferencia titulada “A evolución da paisaxe e do clima. Metodoloxía da investigación” que se centrou nun dos aspectos clave na súa formación como investigadora: o estudo do pole depositado durante milleiros de anos nos sedimentos dos fondos de lagos, para así poder reconstruir o pasado, entender o presente e predecir como será o futuro climático e paisaxístico dunha rexión.

Durante a charla, fixemos unha expedición virtual por algúns dos lugares de traballo da nosa científica-palinóloga e o seu equipo de investigación, como a lagoa de Lucenza (na Serra do Courel, Lugo) un dos escasos lugares en Galicia onde se pode evidenciar o “Dryas recente” breve episodio de arrefriamento climático datado hai 12.900 anos (finais do Pleistoceno).

Tamén puidemos coñecer cales son as fases da metodoloxía de traballo (tanto en campo, como no laboratorio) e a gran complexidade das mesmas, pois ademais de tempo, recursos e medios técnicos, é precisa a colaboración interdisciplinar doutras áreas de investigación científica.

CONCURSO DE MICRORRELATOS ANTICOVID

O día 26-3-2021 fíxose a entrega de premios do Concurso de Microrrelatos Anticovid, realizado neste trimestre. Foi convocado polo Grupo de Traballo da Biblioteca e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega en colaboración co Departamento de Lingua Galega e Literatura.

Podes ver a lista de gañadores no seguinte enlace

Conferencia de Manuel Portas

O día 23 de marzo tivemos o pracer de ter con nós a Manuel Portas, autor do libro  Por puntos que lemos no primeiro trimestre en 2º de BAC e no Club de Lectura de Adultos,  e co que o seu autor gañou o Premio Blanco Amor 2018.

Foi un encontro moi entrañable no que  Manuel Portas nos  estivo comentando o seu libro e respondendo ás preguntas do alumnado. Tamén nos deu a súa opinión acerca da situación actual do galego.

Distribuir contido