2º ESO
Actividades náuticas e visita paisaxística
Actividades Náuticas na Ría de Arousa e recollida de lixo na Praia de Cabío. Visita ás Dunas de Corrubedo, A Pedrá da Ra e o Dolmen de Axeitos co alumnado de 2° e 3° de ESO, organizado polos Departamentos de Francés e de Música.
Obra teatral "Las piernas de Amaidú"
Os alumnos de 2° ESO A e B crearon dúas adaptacións teatrais da súa lectura obligatoria do trimestre pasado da materia de Lingua Castelá e Literatura. A obra é chamada "Las piernas de Amaidú" e fíxose a partir de grupos de traballo (Dramaturgos-Actores, Decorados, Vestuario e Utilería) no que participaron TODOS os alumnos nesta obra de teatro interdisciplinar coa axuda de David Fernández Pérez e Marta Ramos Ansedes, profesores de Castelán e Oratoria, respectivamente.
TEATRO EN FRANCÉS
ACTIVIDADES DO DEPARTAMENTO DE FRANCÉS CORRESPONDENTES Ó CURSO 2022-2023 |
Comezou o mes de maio e con el as celebracións das Letras Galegas
O día cinco tivemos o pracer de ter con nós ó escritor Xosé Luís Vázquez Somoza, autor de O conserxe, libro que este curso lemos en 4º da ESO, e nos clubs de lectura de terceiro da ESO, de 2º da ESO e de adultos. O autor falou da súa obra e respondeu a todas cantas preguntas se lle formularon. O tempo pasou voando e conferencia fíxose moi curta. Agardamos telo outra vez con nós e poder seguir charlando con el.
Xosé Luís Vázquez Somoza é catedrático de L. Galega e L. e exerce de profesor no IES Lucus Augusti de Lugo, do que foi Director.
E, aparte de ser un gran escritor, é unha persoa que irradia moita paz e da que hai que destacar a súa faceta humana.
Obradoiro de minerais
O pasado 5 de abril o alumnado das materias de 1º e 2º da ESO do IES de Monterroso puido asistir a un obradoiro sobre minerais e rochas realizado polo xeólogo e divulgador Francisco Canosa. No obradoiro examinaron diversos minerais e rochas, algúns deles comúns e outros raros. Tamén recordaron algunhas das propiedades destes materiais vistas en clase e descubriron outras novas e moi curiosas como a fluorescencia
Actividade contra a violencia de xénero
O mércores 17 de novembro tivo lugar no IES de Monterroso unha actividade organizada pola ANPA. Branca Villares impartiu un obradoiro con motivo do día contra a violencia de xénero no que participou o alumnado de 1º e 2ª da ESO.
AO RITMO DO RECICLAXE
Música, reciclaxe e imaxinación, a que soa ben? O alumnado de 2º e 3º ESO do Departamento de Música realizou unha exposición no vestíbulo de instrumentos musicais feitos co materiais de todo tipo que atopou na súa casa
VIAXE A PARÍS
Máis de trinta alumnos/as de 2º e 3º ESO visitan París e Disneyland nunha viaxe de catro días organizada polo departamento de francés, acompañados dos profesores Pilar Cobo, Olga Bruzos e Miguel Rico.
Mini e Mero no IES de Monterroso
Continuando coa programación das Letras Galegas 2013, o Mércores día 29 de maio os rapaces de 1º ESO, 2º ESO e 3º ESO, ademáis dos de 4º ESO de Música, asistiron á actividade "As Cantigas
Concerto de Música no Centro de Día de Chantada
O vindeiro día 20 de xuño, os rapaces de 2º ESO e 4º ESO da materia de Música desprazaranse ao Centro de Día de Chantada para dar un emotivo concerto de Música destinado aos maiores.