Orientación

Monólogo de Caxoto sobre igualdade e micromachismos

O martes 23 de novembro, disfrutamos do Monólogo de Caxoto "Micromachista eu?" no IES de Monterroso. Empregando diversos contos tratou o tema dos micromachismos. Agradecemos ao Concello de Monterroso por axudar económicamente coa actividade.

Caxoto 2021 Caxoto 2021

 

Actividade contra a violencia de xénero

O mércores 17 de novembro tivo lugar no IES de Monterroso unha actividade organizada pola ANPA. Branca Villares impartiu un obradoiro con motivo do día contra a violencia de xénero no que participou o alumnado de 1º e 2ª da ESO.

Branca Villares

Guía de estudos superiores de Galicia 2020-2021 La Voz de Galicia

A Voz de Galicia publicou a 2ª edición Guía estudos superiores de Galicia “Que quero estudiar”.

Esta guía inclúe información de toda a oferta de estudos universitarios, ciclos formativos de grao superior e, outras ensinanzas organizadas nas catro ramas de coñecemento: Artes, Humanidades, Ciencias Sociais e Ciencias. Os diferentes  estudos inclúen unha descrición básica sobre a titulación, os centros onde se ofertan, as notas de corte, as materias de bacharelato que ponderan para cada grao e as saídas profesionais. Ademais, inclúe información básica sobre másteres, aloxamento e bolsas de estudo.
 
Tamén podes atopar a información utilizando este buscador https://estudiarengalicia.lavozdegalicia.es/, a través do que navegarás utilizando diferentes criterios de búsqueda.

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS VIRTUAIS DA UDC: xoves 23 e venres 24 de abril

A UDC nun clic!

Como futuro estudante universitario queremos amosarche a Universidade da Coruña nestas Xornadas de Portas Abertas. Como somos, que facemos e que podemos ofrecerche para que se vexan cumpridas as túas expectativas vitais e profesionais na a túa traxectoria universitaria. Outros anos puidemos abrir literalmente as nosas portas e manter un contacto estreito e persoal contigo. Nesta ocasión, a COVID-19 obríganos a facelo de forma virtual mais iso non será impedimento para ensinarche a UDC con todo o noso agarimo. Achégate!


É o que propoñemos a través das XORNADAS DE PORTAS ABERTAS VIRTUAIS, na que os visitantes (estudantes e familiares) coñeceredes por dentro a nosa Universidade e poderedes interactuar cos responsables das titulacións, os vindeiros xoves 23 e venres 24 de abril.


Tamén coñeceredes os servizos e unidades que lle van a facer máis fácil e atractiva a VIDA UNIVERSITARIA: UDC Internacional, residencias públicas, centro de linguas, cultura, deporte, , cooperación e voluntariado, medioambente, UDC saudable, atención á diversidade, acción titorial, asociacións estudantís, emprego...


Podes ver toda a información das Xornadas, na que figuran agrupados por ramas de coñecemento os 41 Grados, 7 Programas de Simultaneidade e 2 Graos Abertos que lles ofrecemos para o vindeiro curso 2020-2021.


Na ligazón: https://www.udc.es/futuros_estudantes/portas_abertas/


E na aplicación móvil UDC.gal para Android<https://play.google.com/store/apps/details?id=gal.udc.campusmobil> e para IOS<https://itunes.apple.com/us/app/udc-mobil/id1245551194?l=es&mt=8>


Disporedes de:

  *   Videoconferencia en directo de cada titulación
  *   Vídeos de Centros Universitarios
  *   Vídeos con testemuño de alumnado matriculado e alumando titulado

Tamén teredes á vosa disposición dous postos permanentes para guialos polas Xornadas: un de Información Xeral e outro no que poderán facer as a consultas relacionadas co Acceso e Admisión na Universidade.

Temos un apartado especial con obradoiros e retos en vivo, con premios para quen os consiga superar.


Benvido/a á Universidade da Coruña!

Benvido/a ao teu futuro!

ENCONTROS VIRTUAIS UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

A Universidade de Santiago de Compostela ofrece a posibilidade de que o noso alumnado e as nosas familias poidan coñecer de forma “online” a oferta de títulos de grao da institución académica.

Estes  “Encontros Virtuais” da USC  terán lugar en pleno confinamento a vindeira semana, os días 6, 7 e 8 de abril (luns, martes e mércores de Semana Santa), a través da Web da USC.

A través dos encontros pode visitar vitualmente os Campus de Lugo e Santiago, interactuar por videoconferencia cos responsables da titulación e aclarar as dúbidas.

Os/as interesados/-as podedes acceder a través da páxina web https://www.usc.gal/gl/encontros-virtuais que estará dispoñible dende o sábado, día 4 de abril de 2020.

A través desta páxina o alumnado e as familias que se conecten encontrarán a seguinte información:

  •   Presentacións das titulacións
  •   Obradoiros, Retos, etc.
  •   Opinión de alumnos/as sobre a titulación
  •   Pílulas relacionadas coa titulación
  •   Concursos

O encontro funciona como unha plataforma na que se poderá participar en talleres, videoconferencias específicas cos/cas responsables da titulación para aclarar dúbidas, chats e outras actividades.

Para unirse aos encontros simplemente terá que consultar o horario e conectarse a través de la web ou mediante a aplicación TEAM.

Convocatoria probas libres obtención do título ESO e Bacharelato - 2020.

A Consellería de Educación convocou as Probas de obtención do Título de ESO para  maiores de 18 anos.
 
 ​      1Prazo de matrícula:
       
         Convocatoria de maio:
 Do  16 de marzo  ao 27 de marzo, ambos os dous incluídos.

         Convocatoria de setembro: Do 1 de xullo ao 8 de xullo, ambos os dous incluídos.
       
       2-  Datas de realización das probas
:

     
        Convocatoria de maio:
 29 de maio de 2020.

        Convocatoria de setembro: 4 de setembro de 2020.
 
Máis información

A Consellería de Educación convocou as Probas de obtención do Título de Bacharelato para  maiores de 20 anos ou que os cumpran no ano da proba.
 

  • Prazo de presentación de solicitudes: entre o 27 de febreiro e o 12 de marzo de 2020.
  • Data de realización da proba: o día 24 de abril de 2020 en sesións de mañá e tarde no IES San Clemente de Santiago de Compostela.

Máis información

CHARLAS DO PLAN DIRECTOR

O martes 4 de febreiro o alumnado de 1º e 2º ESO participou nunhas charlas do Plan Director orientadas a mellorar a convivencia no centro. Ditas charlas foron organizadas polo Departamento de Orientación e trataron sobre a prevención do acoso escolar e sobre o uso correcto das novas tecnoloxías.

BECAS E AXUDAS PARA ESTUDOS POSTOBRIGATORIOS

O Ministerio de Educación publica a Resolución do 29 de xullo de 2019, da Secretaría de Estado de Educación e Formación Profesional, pola que se convocan becas de carácter xeral para o curso académico 2019-2020, para estudantes que cursen estudos postobligatorios.

BECAS E AXUDAS PARA ALUMNOS CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO

O Ministerio de Educación publica a la Resolución de 23 de xullo de 2019, da Secretaría de Estado de Educación y Formación Profesional, pola que se convocan axudas para alumnos con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 2019-2020.

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE ESO AO RENDEMENTO ACADÉMICO

Convócanse na Comunidade Autónoma de Galicia as probas para obtención dos Premios Extraordinarios de ESO para o alumnado que finalizase ditos estudos no curso 2018-2019.

Distribuir contido