3º ESO

Alumnos 3º ESO

TEATRO EN FRANCÉS

ACTIVIDADES DO DEPARTAMENTO DE FRANCÉS CORRESPONDENTES Ó CURSO 2022-2023

 

O pasado 21 de abril o alumnado de 2º, 3º de E.S.O. e 1º de Bacharelato que cursa a materia de Francés no IES de Monterroso asistiu á obra de teatro en francés "le Petit Prince" de Antoine de Saint-Exupéry que foi representada  no auditorio da facultade de Veterinaria en Lugo.
A saída foi organizada polo Departamento de Francés , previa lectura en francés e interpretación por parte do devandito alumnado daqueles capítulos máis representativos do Principiño nas clases anteriores á representación así como o estudio do autor.

Encontro en Santiago coa escritora Rocío Leira

O día dezasete de abril o alumnado que participa nos clubs de lectura de 1º e 3º da ESO   asistiu en Santiago de Compostela a un encontro coa escritora Rocío Leira. Na organización desta actividade participaron o EDLG e  Grupo de Traballo da Biblioteca en colaboración co IES do Camiño de  Palas De Rei.

Club de Lectura

O día dezasete de abril o alumnado que participa nos clubs de lectura de 1º e 3º da ESO irá  a Santiago de Compostela  para ter un encontro coa escritora Rocío Leira. Colabora o EDLG e o Grupo de Traballo da Biblioteca. Nesta actividade participa tamén o IES do Camiño de  Palas De Rei.

Club de lectura 3ºESO Club de lectura 2ºESO

VIAXE A CORUÑA

O 28 de febreiro o alumnado de 3º ESO viaxou á Coruña para visitar a Domus e realizar unha actividade no seu Laboratorio Aberto.
Pola tarde, puideron ver unha representación de teatro clásico.

Concurso de Recitado poético "Rosalía Sempre Viva"

 

O día dezanove de marzo de 2022 as alumnas Sandra García Janeiro de 3º ESO B e Gema Vázquez Rodríguez de 3º da ESO B participaron na 6ª edición do concurso de recitado poético “Rosalía Sempre Viva” que se celebrou na Casa-Museo de Manuel María. Estiveron acompañadas da profesora Marta Cobas e das súas respectivas familias.

 Grupo

Gema Sandra

 

 

Monólogo de Caxoto sobre igualdade e micromachismos

O martes 23 de novembro, disfrutamos do Monólogo de Caxoto "Micromachista eu?" no IES de Monterroso. Empregando diversos contos tratou o tema dos micromachismos. Agradecemos ao Concello de Monterroso por axudar económicamente coa actividade.

Caxoto 2021 Caxoto 2021

 

AO RITMO DO RECICLAXE


Música, reciclaxe e imaxinación, a que soa ben? O alumnado de 2º e 3º  ESO do Departamento de Música realizou unha exposición  no vestíbulo de instrumentos musicais feitos co materiais de todo tipo que atopou na súa casa

VIAXE A PARÍS

Máis de trinta alumnos/as de 2º e 3º ESO visitan París e Disneyland nunha viaxe de catro días organizada polo departamento de francés, acompañados dos profesores Pilar Cobo, Olga Bruzos e Miguel Rico.

Mini e Mero no IES de Monterroso

Continuando coa programación das Letras Galegas 2013, o Mércores día 29 de maio os rapaces de 1º ESO, 2º ESO e 3º ESO, ademáis dos de 4º ESO de Música, asistiron á actividade "As Cantigas

Visita a SOGAMA

O vindeiro día 31 de maio, o alumnado de 3º ESO e 4º ESO de CCMM e da Saúde, realizará unha visita a SOGAMA (Cerceda, A Coruña).

Distribuir contido