FPB

Alumnos FPB

O IES de Monterroso participa no programa Erasmus+

 

O IES de Monterroso ven de unirse ao Consorcio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, no proxecto Europa. Next Station: Improving Professional Skills in Galicia (Tipo KA102) para que as/os nosas/os estudantes e docentes de Ciclos Formativos, tanto da FP Básica de Informática de Oficina como do Ciclo Medio de Sistemas Microinformáticos e Redes poidan realizar prácticas no estranxeiro.

 

Monólogo de Caxoto sobre igualdade e micromachismos

O martes 23 de novembro, disfrutamos do Monólogo de Caxoto "Micromachista eu?" no IES de Monterroso. Empregando diversos contos tratou o tema dos micromachismos. Agradecemos ao Concello de Monterroso por axudar económicamente coa actividade.

Caxoto 2021 Caxoto 2021

 

Iniciación á robótica e impresión 3D

Codeweek

Do 13 ao 19 de outubro tivo lugar no IES de Monterroso, nos grupos de 1º de Ciclo Medio de Sistemas Microinformáticos e Redes e 2º de FP Básica de Informática de Oficina, a actividade Codeweek.

Actividade integrada na iniciativa europea #CodeWeek (9 a 24 outubro de 2021) a semana europea da programación, na que tentamos achegar o pensamento computacional para a resolución de problemas mediante a realización dun proxecto de robótica básico e aplicación práctica da impresión 3D.


As/Os estudantes realizaron un proxecto paso a paso (desde a lóxica ata a implementación) para construir unha barreira activada mediante sensores de presenza empregando ARDUINO, actuadores e sensores.

A impresión de certos elementos coa impresora 3D permitu aos estudantes coñecer esta tecnoloxía e o seu emprego práctico.

https://codeweek.eu/view/375212/iniciacion-a-la-robotica-y-3d
https://codeweek.eu/

Selo de Calidade eTwinning

Aos alumnos e á profesora de 1º de Ciclo Medio e 1º de FP Básica concedéronlles o Selo de Calidade de eTwinning polo proxecto «Letras Galegas 2020 - Ricardo Carvalho Calero».

Este premio supón un recoñecemento do traballo realizado nos módulos de Aplicacións Ofimáticas e Ofimática e Arquivamento de Documentos durante o curso 2019-2020.

 

 

 

VÍDEO DE PRESENTACIÓN DO CENTRO. PROXECTO ETWINNING.

A continuación podedes ver o vídeo seleccionado entre varios realizados por alumnos de 1º de Ciclo Medio e 1º de FP Básica para a presentación do noso centro no proxecto eTwinning no que están a participar

“Letras Galegas 2020. Ricardo Carvalho Calero” nos módulos de "Aplicacións Ofimáticas" e "Ofimática e Arquivamento de documentos" ao longo deste curso.

 

O vídeo foi realizado por Georgi, alumno de 1º de Ciclo Medio de Sistemas Microinformáticos e Redes.

 

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Para conmemorar este día, o alumnado de FPB preparou uns traballos que están expostos no recibidor do instituto.

O espíritu emprendedor

O día 19 de marzo estivo con nós José Luis Garza, propietario da empresa afincada en Sarria "Vida Láctea". Unha proposta innovadora que non deixou indiferente a ninguén. Ocio, cultura, natureza e deporte de risco no Camiño de Santiago.

Distribuir contido