4º ESO

Alumnos 4º ESO

ROTEIRO XEOLÓXICO EN CABO ORTEGAL

O pasado 25 de abril o alumnado das materias de Bioloxía e Xeoloxía de 4º ESO e 1º de Bacharelato dos IES de Monterroso e do Camiño (Palas de Rei) realizaron un roteiro xeolóxico polo Cabo de Ortegal da man do xeólogo e divulgador Francisco Canosa. A visita foi organizada de forma conxunta polos Departamentos de Ciencias Naturais de ambos centros.

Na visita, ademais de disfrutar das paixases que ofrecen os cantís máis altos de Europa continental, puideron ver e interpretar en directo algunhas das estruturas xeolóxicas vistas nas clases.

SEMANA DA CIENCIA

Entre os días 11 e 14 de abril os departamentos de Ciencias Naturais, Física e Química e Matemáticas do IES de Monterroso organizaron una "Semana da Ciencia". O alumnado de 4º ESO e 1º de Bacharelato das materias de ciencias desfrutaron dunha charla diaria de poñentes da Universidade de Santiago de Compostela gracias ao programa Aponte.

Este alumnado ademais preparou e puxo en escea unha exposición diaria de experimentos para o alumnado de 1º, 2º e 3º ESO.

CONCURSO DE RECITADO POÉTICO ROSALÍA SEMPRE VIVA.

O día once  de marzo de 2023 as alumnas Sandra García Janeiro   e  Iria Leiro Guerra de 4º da ESO   participaron na 7ª edición do concurso de recitado poético “Rosalía Sempre Viva” que se celebrou na Casa-Museo de Manuel María. Estiveron acompañadas da profesora de Lingua Galega e das súas respectivas familias.

Iria Leiro Guerra Sandra García Janeiro

VIAXES DE ESTUDOS

A finais do mes de febreiro o alumnado de 4º ESO participou nunha viaxe cultural a Andalucía. Visitou Sevilla, Córdoba e Granada.

 

Nas mesmas datas, o alumnado de 1º de Bacharelato viaxou a Italia e a Florencia noutra visita cultural.

RECOLLIDA DE MOSTRAS NO RÍO ULLA

O alumnado de Cultura científica de 4º de ESO e  de FPB II realizou unha recollida de mostras no río dentro do programa Voz Natura, no que xa participa o departamento de Bioloxía dende fai uns anos.

EDUREFERENTES

O I.E.S. de Monterroso foi seleccionado para participar no programa EduReferentes co que se pretende facilitar a orientación vocacional do alumnado, mediante o coñecemento de referentes femininos, co obxectivo de favorecer a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes. Neste caso a actividade desenvolveuse cos rapaces e rapazas de 4º de ESO.

Nun primeiro momento tivo lugar unha sesión grupal na que participaron Isabel Neira Gómez, profesora titular de Economía Aplicada na USC e Directora técnica do Grupo GEM-Galicia, e Mónica Álvarez Flores, Directora Xeral en Álvarez Real.

En próximos días completarase a actividade coas mentorías individualizadas.

 

 
 

Visita á Serra do Careón

O pasado 6 de abril o alumnado das materias de Bioloxía e Xeoloxía de 4º ESO e 1º de Bacharelato e de Cultura Científica de 4º ESO visitaron a Serra do Careón da man do xeólogo e divulgador Francisco Canosa.

Na saída o alumnado puido coñecer a diversidade xeolóxica da zona formada por xistos, seixos ou granito de Monterroso e rochas procedentes do manto terrestre como a serpentinita.

 

Tamén puideron recrear eventos xeolóxicos que aconteceron hai millóns de anos a partir das pegadas que deixaron no terreo como cabalgamentos ou filóns de seixo.

O alumnado descubriu con sorpresa que hai moito tempo o que hoxe chamamos Galicia formaba parte da maior cordilleira que xamais existiu no noso planeta, máis longa e alta que o actual Himalaia.

 

Caeron Caeron
Caeron Caeron
Caeron Caeron
   

Actividade de recollida de mostras no río Ulla

O pasado venres 5 de novembro o alumnado de Cultura Científica de 4º ESO saiu a recoller mostras biolóxicas e a facer medicións no río Ulla ao seu paso polo concello de Monterroso.

O alumnado visitou dous puntos do río, un augas arriba e outro augas abaixo da estación depuradora, co fin de determinar a calidade ecolóxica da auga antes e despois da incorporación das augas residuais depuradas ao río.

A saída foi cuberta por un periodista e a actividade saiu no xornal La Voz de Galicia o sábado 6 de novembro. A noticia pode consultarse na seguinte ligazón:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/2021/11/13/alumnos-monterroso-controlan-calidad-ecologica-aguas-ulla/0003_202111L13C7991.htm

Nos seguintes meses o alumnado de todo o centro traballará coas mostras recollidas para determinar o posible impacto das augas residuais da estación depuradora do concello no río Ulla.

Saímos o sábado 13 de novembro no medio "La Voz de Galicia" tanto en portada como na sección local! Segue lendo para ver as fotos.

Na portada da edición de Lugo

Monólogo de Caxoto sobre igualdade e micromachismos

O martes 23 de novembro, disfrutamos do Monólogo de Caxoto "Micromachista eu?" no IES de Monterroso. Empregando diversos contos tratou o tema dos micromachismos. Agradecemos ao Concello de Monterroso por axudar económicamente coa actividade.

Caxoto 2021 Caxoto 2021

 

Feira de Santos 2021

 O alumnado de 4º da ESO do IES de Monterroso, na asignatura de debuxo artístico, realizou estes traballos sobre a Feira de Santos.

Distribuir contido