Ciencias Naturais

Departamento de Bioloxía e Xeoloxía

VISITA Á POTABILIZADORA E DEPURADORA DO CONCELLO

O pasado xoves 5 de decembro de 2019 o alumnado de 1º da ESO do IES de Monterroso visitou a potabilizadora e depuradora do concello.

     

 

Homenaxe a Margarita Salas

Con motivo do falecemento de Margarita Salas, unha das científicas españolas máis importantes da historia, o alumando das materias de ciencias de diversos cursos do IES de Monterroso elaborou un mural sobre algúns dos logros, premios e momentos da vida da homenaxeada que durante os próximos días se poderá ver na entrada do centro. 


O IES de Monterroso apadriña a Lemba

Despois dunha consulta realizada no IES de Monterroso a principios de curso, o alumando do centro acordou por maioría apadriñar durante o curso 2018-19 a LEMBA. O resultado das votacións e as noticias sobre a nosa afillada poden ser consultados nun mural que durante os vindeiros días permanecerá na entrada do noso centro.

Recordámosvos a todos e a todas que podedes seguir traendo teléfonos móbiles estragados ou en desuso para poder apadriñar outro chimpamig@ o vindeiro curso.  

O SISTEMA SOLAR

 No recibidor do instituto pódese ver a exposición de maquetas do sistema solar realizadas polo alumnado de 1º ESO na asignatura de Bioloxía.

EXPOSICION SOBRE USOS TRADICIONAIS DE PLANTAS DA ZONA


"O Departamento de Dinamización da Lingua Galega, en colaboración cos departamentos de Lingua Galega, Inglés, Francés, Latín/grego, Artes Plásticas e Bioloxía e Xeoloxía, veñen de realizar unha exposición sobre usos tradicionais de distintas plantas típicas da zona que permanecerá no recibidor do centro as próximas semanas.

EXPOSICIÓN DE TIPOS DE CÉLULAS

Durante varios días estarán expostas na entrada do centro as maquetas sobre os distintos tipos de células que o alumando de 1º ESO do IES de Monterroso elaborou nas súas casas.

EXPOSICIÓN DE METABOLISMOS

Durante a semana cultural do IES de Monterroso o alumnado de 3º ESO fabricou e elaborou coas súas propias mans maquetas de moléculas

VISITA AO PARQUE EÓLICO EXPERIMENTAL DE SOTAVENTO

O luns 18 de Marzo de 2019 os alumnos e alumnas de 1º e 2º ESO do IES de Monterroso visitou o parque eólico experimental de Sotavento, situado na Serra da Loba, no concello de Xermade.

VISITA Á V FEIRA DE MINERAIS NA ÁREA CENTRAL DE SANTIAGO

O xoves 28 de febreiro de 2019 o estudantado de 1º ESO do IES de Monterroso visitou a V Feira de minerais de Santiago celebrada en Área Central.

EXPOSICIÓN: COÑECE O TEU CORPO

Estes días pódese ver no vestíbulo do instituto a exposición titulada "Coñece o teu corpo". Son traballos realizados polo alumnado de 3º ESO na clase de Bioloxía, representacións dos distintos aparatos que forman o corpo humano.

Distribuir contido