EXPOSICION SOBRE USOS TRADICIONAIS DE PLANTAS DA ZONA


"O Departamento de Dinamización da Lingua Galega, en colaboración cos departamentos de Lingua Galega, Inglés, Francés, Latín/grego, Artes Plásticas e Bioloxía e Xeoloxía, veñen de realizar unha exposición sobre usos tradicionais de distintas plantas típicas da zona que permanecerá no recibidor do centro as próximas semanas.

Na exposición pódense ler receitas, algunhas delas traducidas ao inglés e francés, que as xentes de Monterroso levan empregando dende hai séculos para curar ou paliar certas enfermidades. Tamén se poden ler descricións de ditos vexetais e o significado dos nomes científicos dalgúns deles ou observar fotos e debuxos de plantas realizados polo alumnado de Artes Plásticas de 1º de bacharelato ou plantas de herbario recollidas polo alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 1º da ESO."