VISITA Á V FEIRA DE MINERAIS NA ÁREA CENTRAL DE SANTIAGO

O xoves 28 de febreiro de 2019 o estudantado de 1º ESO do IES de Monterroso visitou a V Feira de minerais de Santiago celebrada en Área Central.

O alumnado asistiu a unha charla sobre minerais raros e paseou entre os diversos postos da feira. Asistiu tamén a un obradoiro sobre identificación de minerais e outro sobre bateo de ouro no que os alumnos e alumnas se deixaron levar pola febre do ouro na busca buscando este metal precioso en sedimentos de río.

Á volta fíxose unha parada no concello de Arzúa para comer ao pé das fervenzas das Hortas, que cunha altura de 30 metros é unha das caídas de auga máis altas de Galicia.