Matemáticas
SEMANA DA CIENCIA
Entre os días 11 e 14 de abril os departamentos de Ciencias Naturais, Física e Química e Matemáticas do IES de Monterroso organizaron una "Semana da Ciencia". O alumnado de 4º ESO e 1º de Bacharelato das materias de ciencias desfrutaron dunha charla diaria de poñentes da Universidade de Santiago de Compostela gracias ao programa Aponte. Este alumnado ademais preparou e puxo en escea unha exposición diaria de experimentos para o alumnado de 1º, 2º e 3º ESO. |
SIMULTÁNEA DE XADREZ
O departamento de Matemáticas, da man de Miguel Varela, organizou o 22 de decembro na biblioteca unha simultánea de xadrez. Xogou 10 partidas ao mesmo tempo enfrontándose a alumnos/as e profesores/as. |
LONDRES 2018
O alumnado que cursa matemáticas bilingües realizou unha viaxe cultural a Londres entre os días 26 e 30 de maio.
15 de marzo, Día Mundial dos Dereitos do Consumidor
No día de hoxe durante o recreo puidemos reflexionar sobre o consumo responsable a través do visionado de vídeos sobre o tema.