Bioloxía e Xeoloxía

Asignatura do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía

Visita á Serra do Careón

O pasado 6 de abril o alumnado das materias de Bioloxía e Xeoloxía de 4º ESO e 1º de Bacharelato e de Cultura Científica de 4º ESO visitaron a Serra do Careón da man do xeólogo e divulgador Francisco Canosa.

Na saída o alumnado puido coñecer a diversidade xeolóxica da zona formada por xistos, seixos ou granito de Monterroso e rochas procedentes do manto terrestre como a serpentinita.

 

Tamén puideron recrear eventos xeolóxicos que aconteceron hai millóns de anos a partir das pegadas que deixaron no terreo como cabalgamentos ou filóns de seixo.

O alumnado descubriu con sorpresa que hai moito tempo o que hoxe chamamos Galicia formaba parte da maior cordilleira que xamais existiu no noso planeta, máis longa e alta que o actual Himalaia.

 

Caeron Caeron
Caeron Caeron
Caeron Caeron
   

Obradoiro de minerais

O pasado 5 de abril o alumnado das materias de 1º e 2º da ESO do IES de Monterroso puido asistir a un obradoiro sobre minerais e rochas realizado polo xeólogo e divulgador Francisco Canosa. No obradoiro examinaron diversos minerais e rochas, algúns deles comúns e outros raros. Tamén recordaron algunhas das propiedades destes materiais vistas en clase e descubriron outras novas e moi curiosas como a fluorescencia

Conseguímolo!!

O pasado curso o alumnado do IES de Monterroso logrou reunir 30 teléfonos móbiles estropeados ou en desuso. Coa reciclaxe do coltán que conteñen as súas pantallas contribuímos a diminuír a extracción deste mineral nas mina da República Democrática do Congo e a Fundación Jane Goodall poderá coidar dun chimpancé no seu centro de recuperacíon de primates de Tchimpounga durante un ano. Agora temos que decidir que chimpancé queremos apadriñar.

Pincha nos nomes dos chimpancés que podemos apadrinar para coñecelos.

KUDIA ANZAC LEMBA HIILA E KEEMPO

 apadrina un chimpancé

 Nos vindeiros días un profesor pasará polas aulas para preguntarche que chimpancé che gustaría apadriñar. Aquel chimpancé que reciba maior número de votos será o escollido.

 Feito isto o centro de recuperacíon de primates de Tchimpounga enviaranos información sobre el cada tres meses contándonos os seus progresos e as súas trastadas.

 E non te esquezas de seguir traendo teléfonos móbiles. O punto de recollida segue estando na entrada da cafetería e se logramos reunir outros 30 o vindeiro curso poderemos apadriñar outro chimpancé.

CAMPAÑA DE RECICLAXE

Durante o curso 2017-2018 iniciamos unha campaña de reciclaxe para concienciar ao alumnado sobre a necesidade de reutilizar e separar correctamente o lixo.

 

ALIMENTACIÓN SAUDABLE

No vestíbulo do instituto están expostos os traballos realizados polo alumnado de 3º ESO A na clase de Bioloxía sobre alimentación saudable.

Visita a SOGAMA

O vindeiro día 31 de maio, o alumnado de 3º ESO e 4º ESO de CCMM e da Saúde, realizará unha visita a SOGAMA (Cerceda, A Coruña).

Xogamos a tararí que te vi

O martes 16 de abríl celebrarase unha charla e actividade de dinamización por grupos a partir das experiencias cos internos do centro penitenciario de Monterroso

Visita ao Parque de Sotavento

O luns día 4 de febreiro o alumnado de 2º ESO realizou unha visita ao parque eólico de Sotavento en Xermade.

Visita ó Instituto de Mediciña Legal e Forense

O vindeiro día 25 de xaneiro, os alumnos de 1º e 2º de BAC de Ciencias realizarán unha visita ao Instituto de Mediciña Legal e Forense de Santiago de Compostela.

Semana da Ciencia novembro 2012

Durante esta semana e a próxima podedes contemplar no vestíbulo principal do IES unha exposición que conmemora a Semana da Ciencia :"As células".

Distribuir contido