DÍA DAS BIBLIOTECAS

O día 24 de outubro conmemoramos o Día das Bibliotecas cunha actividade dirixida ao alumnado de 1º de ESO. Con el pretendíamos que os novos alumnos e alumnas se familiarizasen con funcionamento da biblioteca do centro.

 

ENTREGA DE PREMIOS DO EDLG

ENTREGA DE PREMIOS DO EDLG

 

O día vinte e dous de decembro de 2022, fíxose entrega dos premios acadados durante o primeiro trimestre nos distintos concursos

que o convocou o EDLG en colaboración co departamento de L. Galega e L. e co Grupo de Traballo da Biblioteca.

Os xurados que se reuniron para valorar os traballos presentados a estes concursos estaban formados por dous profesores, dous

alumnos (que non participaban no concurso) un membro do persoal non docente e a coordinadora do EDLG que actuou como

secretaria con voz pero sen voto. Estes xurados tiveron moi difícil a escolla dada a calidade dos traballos presentados.

  • A alumna Iria Vázquez López de 3º ESO A acadou o 1º premio do Concurso Relatos de Terror.

  • A alumna Nerea Fernández Gómez  de 1ª BAC A acadou DOUS premios: o segundo premio do concurso de Relatos de Terror e o 3ª premio do Concurso de Relatos de Nadal.

  • O terceiro premio do Concurso de Relatos de Terror foi para Sergio Otero Castro de FPB1

  • O primeiro premio do Concurso de Postais de Nadal gañouno Thais Otero Veiga de 1ª ESO A

  • Xiana Fernández Fente de 3º da ESO A conseguiu dous premios: o primeiro do Concurso de Relatos de Nadal e o segundo do Concurso de Postais de Nadal.

  • O alumno Lucas Díaz Ledo de 3º ESO A levou o 2º premio no Concurso de Relatos de Nadal.

 

As postais presentadas ó concurso expuxéronse nun taboleiro na entrada principal do IES. Na montaxe do taboleiro participaron catro alumnas de 2ª de BAC

 

 

Noraboa a Iria Vázquez López de 3º ESO A que gañou o primeiro premio do concurso de Relatos de Terror Noraboa a Nerea Fernández Gómez de 1º BAC A que gañou o segundo premio do Concurso de Relatos de Terror e o terceiro premio do concurso de Relatos de Nadal
Noraboa a Sergio Otero Castro de FPB1 que gañou o terceiro premio do Concurso de Relatos de Terror Noraboa a Thais Otero Veiga de 1º ESO A que gañou o primeiro premio do Concurso de Postais de Nadal
Noraboa a Xiana Fernández Fente de 3º ESO A que conseguiu dous premios:o primeiro de Relatos de Nadal e o segundo de Postais de Nadal Noraboa a Lucas Díaz Ledo de 3ºESO A que levou o segundo premio do concurso de Relatos de Nadal
A postal que gañou o primeiro premio do Concurso de Nadal
Postal que gañou o segundo premio 

 

 

CURSO DE PRIMEIROS AUXILIOS

Ao longo da semana a Cruz Roja impartíu un curso de primeiros auxilios neste centro. Recibíu a formación o alumnado de 1º e 2º do Ciclo Medio de informática e o alumnado de 1º de Bacharelato.

Revista Escolar do curso 2021-2022 A Leira dos Trasnos

Temos o pracer de anunciar a saída da revista deste curso escolar. Preme na imaxe da portada para descargala.

 

Revista escolar a Leira dos Trasnos. Curso: 2022-2023

Gañadores do concurso de Videopoemas

 O noso alumnado, acostumado xa a participar en todas as actividades propostas polo EDLG, presentou uns videopoemas preciosos ó Concurso de videopoemas sobre composicións poéticas de Rosalía de Castro, Florencio Delgado Gurriarán ou calquera outro autor ou autora da literatura galega. Dada a calidade e a cantidade de traballos presentados o noso xurado tivo moi difícil a escolla. Ó final o alumando gañador foi Naiara Fernández Conde de 3º da ESO B e Hugo Diéguez Gómez de 2º da ESO A.

 

Foto

Microtoponimia

Dentro da situación sociolingüística do galego e tendo en conta o desarraigo da poboación máis nova a profesora de prácticas, Andrea Santiso, impartiu en 1º da ESO A unha unidade didáctica sobre microtoponimia.

Como o noso alumnado procede da zona rural foi fácil que trouxeran unha choiva de microtopónimos (nome de leiras, prados, chousas, fontes, camiños...) para a posterior introdución deses nomes na aplicación Galicia Nomeada, unha plataforma colaborativa para a colección, xeorreferenciación e difusión da microtoponimia galega.

O seguinte paso foi xogar a ser filólogos e completar unha ficha microtoponímica.

Despois o alumnado, a xeito de simulación, tivo que visitar o lugar xeográfico en que se atopa un dos seus microtopónimos seleccionados e realizar unha reportaxe na que figurase a seguinte información: nome propio, nome do microtopónimo, lugar, parroquia, concello e provincia en que se atopa, descricións semántica e etimolóxica do nome e outra información que se considerase interesante.

Por último cada alumno deseñou un cartel sinalizador dun microtopónimo da súa escolla. Para isto, empregouse a aplicación Canva, que permite realizar deseños gráficos online sen a necesidade de ter unha conta creada.

O final expuxéronse os carteis no “Curruncho das verbas” e fixemos esta foto.

Camiño de Santiago

O día trece de xuño, e xa como remate das actividades do EDLG, realizouse a última etapa do Camiño de Santiago( Pedrouzo-Santiago). Esta foi unha actividade plurianual que se comezou a facer no curso 2012/2013 coa etapa Cebreiro-Triacastela e que tras o parón dos dous últimos anos por mor da covid puidemos rematar este curso. A actividade tivo moitísima aceptación e un total de noventa e cinco alumnos/-as o oito profesores/-as puxémonos a andar desde Pedrouzo ata Compostela. Dado que este tamén foi considerado Ano Santo puidemos acceder á catedral pola Porta Santa.

Foi unha experiencia marabillosa, ata o punto de que para o ano pensamos repetir e comezar outra vez coa etapa Cebreiro-Triacastela.

Ata o ano!

foto foto foto foto foto foto

Datas de avaliación extraordinaria e final de ciclos formativos para o curso 2021/2022

Faise público o calendario de exames para FPB e Ciclo Medio do curso 2021/2022, con datas de exames, entrega de boletíns e datas de reclamación.

GRADUACIÓN 2022

O día 19 de maio celebramos no instituto a graduación da promoción 2020-2022 cun acto no salón de actos. Aínda que as familias non asistiron debido á situación de pandemia, a celebración puido verse por youtube en directo.
A comunidade educativa deste centro deséxalles a estes rapaces e rapazas o mellor e que sexan capaces de "atrapar os seus soños".

 

Graduación 2022  Atrapa os teus soños

Distribuir contido