O Proxecto educativo do I.E.S. Lama das Quendas de Chantada debe servir para reflectir a autonomía do centro e establecer un marco de actuación para os membros da comunidade educativa, e o seu desenvolvemento e cumprimento dependerá da responsabilidade de todos/as.
Está formado polo documento propiamente dito, e por uns anexos que o complementan.
Proxecto educativo de centro (xuño 2023).
ANEXOS
- ANEXO I: Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia de Centro (maio 2024).
- ANEXO II: Plan xeral de atención á diversidade. (febreiro 2023).
- ANEXO III: Proxecto lector (xuño 2017).
- ANEXO IV: Plan dixital de centro (xuño 2022).
- ANEXO V: Plan de convivencia (xuño 2016).
- ANEXO VI: Proxecto lingüístico (outubro 2023).
- ANEXO VII: Proxecto sección bilingüe (maio 2016).
- ANEXO VIII: Plan de acción titorial (xuño 2012).
- ANEXO IX: Plan de igualdade (maio 2024).
Tamén forman parte do proxecto educativo do centro o proxecto E-Dixgal.
Proxecto E-Dixgal
Co obxectivo de pór en marcha o libro dixital nos centros educativos galegos, o proxecto E-Dixgal arrancou no curso 2014/2015 na comunidade autónoma de Galicia.
No IES Lama das Quendas comezou no curso 2018/2019, presentando o seguinte proxecto: Proxecto E-Dixgal (abril 2021).
Profesorado e alumnado dos centros implicados desenvolven a súa actividade educativa diaria nun entorno virtual de aprendizaxe que lles vai permitir acceder a contidos dixitais para 5º e 6º de primaria e 1º e 2º de ESO. Os docentes poden elaborar a súa propia “mochila dixital” seleccionando a través da plataforma dixital os contidos formativos e podendo incorporar os materiais complementarios que desexen, así como contidos de elaboración propia.
O alumnado pode acceder ao material seleccionado polo profesorado tanto a través dunha conexión a internet (modo online) como dende o seu netbook (modo offline). Deste xeito, garántese que os alumnos e as alumnas que non dispoñan de conexión a Internet desde as súas casas, poidan seguir o curso sen dificultade.
Mais información en: Proxecto E-Dixgal.