Histórico

Actividades complementarias e extraescolares de curso anteriores.

 Curso 2022-2023

Curso 2021-2022

  • Luns, 21 de marzo. No espazo Xove de Chantada e para alumnado de 4º de ESO, exposición fotográfica "Imaxina Palestina"
  • 23 de novembro. Alumnado de 1º BAC de Cultura Científica. Estudio do Río Asma.
  • Venres, 17/12, "A REGUEIFA", Demostración didáctica para alumnado do Club de Lectura, Obradoiro de Música e Xadrez de 1º de ESO sobre as regueifas. Incluirase unha pequena actividade musical participativa con todas as asistentes.
  • Luns, 20/12 "Emphasizing refugees", videoconferencia con Hadiya e Shadi, dous refuxiados sirios acollidos en Bruselas. Alumnado de 2º BAC.

 

 

 

Curso 2020-2021

 

Curso 2019-2020 

  • Venres 13 de marzo. Alumnado de ESO e 1º BAC. Encontros polo 50º aniversario do IES Lama das Quendas, as persoas invitadas a esta actividade serán Xaquín López e Fernando Castiñeiras(SUSPENDIDO)

  • Luns 16 de marzo. Alumnado de 3º  ESO A/B (cultura Clásica) e 1º BAC A/B (latín). “XX Festival de teatro grecolatino” no auditorio municipal de Ourense para ver a Traxedia grega “Ifixenia en Áulide" (SUSPENDIDO)
  • Luns 23 de marzo. Alumnado de ESO e 1º BAC. Encontros polo 50º aniversario do IES Lama das Quendas, as persoas invitadas a esta actividade serán ALBERTO FERNÁNDEZ ALBILARES IAGO FERNÁNDEZ ALBILARES. (SUSPENDIDO)
  • Do 11 ao 15 de febreiro. Alumnado de 1º e 2º de BAC fará unha viaxe cultural a Berlín.
  • Luns 3 de febreiro. Alumnado de ESO e 1º BAC. Encontros polo 50º aniversario do IES Lama das Quendas, as persoas invitadas a esta actividade serán Héctor Souto e David Dieguez.
  • Xoves 23 de xaneiro. Alumnado de ESO e 1º BAC. Encontros polo 50º aniversario do IES Lama das Quendas, as persoas invitadas a esta actividade serán Ana Vázquez Márquez e Juán Luis Méndez Rojo.
  • Martes 3 de decembro de 2019. Alumnado 4º ESO e 1º e 2º BAC. Charla-coloquio con Gabriel Álvarez Martínez “Traducindo do Xaponés”.
  • Venres 8-11-2019 de 11:45 a 14:15 h. Alumnado da ESO celebrará un magosto.
  • Na ultima semana de outubro alumnado de 1º ESO participará na actividade de inmersión lingüística "English week".
  • Do 21 ao 22 de outubro. Alumnado de Portugues da ESO. Viaxe a Porto, o alumnado visitará varios espazos artísticos e culturais de Porto
  • MÉRCORES 23 de outubro. Alumnado de 1º E.S.O. Visita ao Ecomuseo de Arxeriz e desenvolvemento dunha actividade organizada polo departamneto de EPV. 

 

Curso 2018-2019

  • Luns 3 de xuño de 2019. O alumnado de 2º ESO A participa nunha Saída a Cies con motivo do premio Concurso aula + Sostíbel.
  • Xoves 23 de maio. O alumnado de TIC de 4º ESO visita a empresa Coremain para coñecer a súa actividade e realizar actividades didácticas.
  • Mércores 29 de maio o alumnado de 1º de Bacharelato acudirá ao Espazo Xove de Chantada para participar nunha actividade que leva como título " Cuestións de Xénero na música galega actual",organizado polo departamento de Música, Biblioteca e Club de lectura.
  • XOVES 16 o alumnado de ESA participará na actividade " Arredores de Chantada" , organizada polo profesorado de adultos.
  • Do 6 ao 10 de maio SEMANA DA POESÍA, organizada polo departamento de Lingua galega, as actividades desta semana están sinaladas no cadro.
  • O mércores 8 de maio, Estudio do Río Asma, no que participará o alumnado de 1º ESO A , organizado polo departamento de Bioloxía.
  • Luns 25 de marzo de 2019. Festival de Teatro Grecolatino. O alumnado disfrutará do teatro clásico acudindo a representación de “Cestiña de Plauto” , XIX Festival de Teatro Grecolatino
  • Do 18 ao 23  de marzo de 2019. Viaxe a Budapest. O alumnado de 1º e 2º  Bacharelato realizarán unha visita cultural e de aprendizaxe de lingua inglesa a Budapest.
  • Mércores 21 de marzo. “Conmemoramos o día da Árbore”. Coa colaboración da Concellería de Medio Ambiente de Chantada, o alumnado de 1º ESO B plantará árbores para conmemorar o día da árbore e contribuír a recuperación arbórea dos espazos públicos.
  • Venres 15 de marzo. “Encontro con Pedro Mañas” , o alumnado de 1º ESO participará nun encontro co autor para achegar a rapazada aos creadores de historias, actividade ofrecida pola Editorial ANAYA.
  • Luns 18 de febreiro de 2019, alumnado de 3º e 4º ESO. Difusión Programa PIALE português. Exposición do sistema educativo português para facer unha posta en común dos aspectos que se poidan importar o noso. “A vida nun instituto português”
  • Luns 18 de febreiro.  “Animación de lectura”. O alumnado de 1º e 2º ESO participará nunha sesión de animación a lectura impartida por Benxamín da Editorial Edebé.
  • Xoves 28 de febreiro. O alumnado de francés asistirá a obra de teatro “Cyrano de Bergerac” adaptación da obra Edmond Rostand, organizada por Eina da Escola no Teatro Principal en Ourense.
  • Luns 11 de febreiro, alumnado de 1º e 2º de Bac. “Charla ABAU 2019”, o presidente da CIUG dará unha charla sobre os aspectos fundamentais da ABAU.
  • Mércores 7 de novembro de 9:35 a 11:15. Alumnado de 1º de ESO. Halloween.

 

 

Curso 2017-2018

  • O departamento de Educación Física organiza unha xornada de xogos de verán (acuáticos) para o alumnado de 1º e 2º ESO. As actividades serán, o 21 de xuño de 2018 a partir das 12:00h. 
  • Xoves 31 de maio de 2018. Alumnado de 3º e 4º ESO. Carreira polo Paseo do Río Asma acompañadas polo compás e intentando encontrar todas as balizas no menor tempo posible.
  • Venres 15 de xuño. Representación das coreografía de Acrosport e Step elaboradas polo alumnado de 4º ESO e 1º de Bacharelato. 
  • Luns 18 de xuño. Alumnado 1º e 2º ESO. O alumnado de oratoria de ESO fará unha representación teatral da obra “O furado de Andrés o Cempés”
  • Luns 28 de maio. O alumnado de 1º e 2º ESO visitará Santiago de Compostela e fará unha visita guiada pola cidade e pola tarde viaxarán a Noia para gozar da praia de Aguieira. 
  • Mércores 23 de maio de 2018, alumnado 2º e 3º ESO. Realización de actividades de vela e kaiak de mar no encoro de Castrelo de Miño.
  • Xoves 24 de maio, alumnado de 1º BAC de Bioloxía. Visita guiada polo centro de Chantada, para analizar a composición xeolóxica de distintos elementos das construcións urbás da vila de Chantada.
  • Venres 25 de maio de 2018, alumnado de 2º Bac. Xeoloxía. Ruta de sendeirismo por Carnota, Monte Pindo, Lagoa de Louro e o Ézaro.
  • Venres 25 de maio de 2018, O alumnado de 3º, 4º ESO e 1º de bacharelato recibirán unha charla sobre prevención de hábitos nocivos a cargo da unidade asistencial de drogodependencias de Monforte.
  • Venres 11 de maio.  O alumnado de 3º ESO fará actividades para valorar o emprego da lingua galega na vila de Chantada. “PREMIO DEFENSA DA LINGUA”
  • Luns 14 de maio, alumnado de 1º ESO. Carreira pola Lingua Galega Correlingua 2018 “A lingua non para!”, con saída ás 11:00 na estación de autobuses facendo o percorrido establecido ata o Parque dos Condes.
  • Luns 14 de maio, alumnado de Música de 4º de E.S.O. e 1º de Bacharelato e Club de Lectura. “Visita a Celanova”
  • Martes 15 de maio. O alumnado de 1º,2º ESO participará nun encontro con Tomás González Ahola.
  • Luns 7 de maio, alumnado de 1º ESO, visita didáctica ao Museo Casa do Patrón.
  • Martes 8 de maio, o alumnado de 1º ESO realizará un percorrido a pé para calcular o caudal, pH e outras características do río acompañados por un especialista de ADEGA.
  • O alumnado de portugués realizará unha actividade para conmemorar a Revolução do 25 de abril de 1974.
  • O alumnado de 1º BAC en coordinación co profesorado de Lingua Galega organiza a XIII semana da poesía.
  • Mércores 11 de abril, Encontro cos poetas Leo Arremecághona e Nuria de Vil.
  • Martes 17 de Abril, o alumnado fará unha visita guiada de Arquitectura a cidade de Allariz, participación no Plan Proxecta - Proxecto Terra.
  • Venres 20 de abril, o alumnado acudirá o Auditorio de Chantada a ver “Resoando no pasado”, concerto didáctico con Abraham Cupeiro.
  • Alumnado de 4º ESO e 1º ESO de portugués vistarán espazos artísticos e culturais de Porto.
  • O alumnado de 1º e 2º Bacharelato realizarán unha visita cultural e de aprendizaxe de lingua inglesa a Malta
  • 21 de marzo, coa colaboración da Concellería de Medio Ambiente de Chantada,  o alumnado de 1º ESO A plantará árbores para conmemorar o día da árbore e contribuír a recuperación arbórea dos espazos públicos.
  • 22 de marzo, o alumnado de 1º,2º e 3º ESO participará nunha sesión de animación a lectura.
  • 22 de marzo as 20:00 horas, As familias asistirán a unha charla da Educadora da Unidade Asistencial de Drogodependencias de Monforte sobre  “Educación para a saúde. Prevención e detección de hábitos nocivos dos nosos fillos relacionados co consumo de alcohol e drogas”
  • 23 de marzo, V Olimpíada Filosófica de Galicia. Os finalistas da modalidade de Curtas de Vídeo e Fotografía deberán realizar unha defensa da súa proposta.
  • Martes 13 de marzo, Charla ABAU 2018 de orientación académica para alumnado de Bacharelato.
  • O Departamento de Música organiza a semana medieval.
  • Xoves 8 de marzo, a Comunidade Educativa participará na actividade proposta A heroína da miña vida, con motivo da Celebración do Día Internacional da Muller.
  • Venres 23 de febreiro, o alumnado de 1º, 2º E 3º ESO asistirá a unha xornada de iniciación ao Rugby.
  • Mércores 21 de febreiro, o alumnado de francés asistirá a obra de teatro “Notre-Dame de Paris” no Auditorio Gustavo Freire en Lugo.
  • Venres 16 de febreiro de 2018, V Olimpíada Filosófica de Galicia.
  • O venres, 9 de febreiro, consurso e desfile de comparsas de entroido. 
  • O mércores 7 de febreiro de 11:45 a 13:25 h , "Encontros con Manuel Rivas" , participará o alumnado de 1º e 2º de Bacharelato.
  • O venres 2 de febreiro, faremos a Carreira solidaria “Corre e acurta distancias contra a desnutrición infantil” .   
  • O martes 30 de xaneiro, o alumnado de 1º, 2º ESO e 1º de bacharelato participará nun  encontro con María Solar.
  • 10 de xaneiro de 2018, O alumnado de bacharelato, xunto co profesor don Juan Vázquez Vázquez, representará o primeiro e o segundo acto da obra escénica de Xosé Vázquez Pintor, con músicas de Gaël e Tomás Camacho.
  • Mércores 20 de decembro, o alumnado de 1º e 2º de Bacharelato asistirá, no salón de actos, a unha charla informativa da FP DUAL que se imparte no IES Val do Asma.
  •  Xoves 21 de decembro, o alumnado de 4º ESO organiza a Final do Torneo de Fútbol sala xogado o longo do primeiro trimestre nos recreos.
  •  Xoves 21 de decembro, o alumnado de bacharelato, xunto co profesor don Juan Vázquez Vázquez, representará o primeiro e o segundo acto da obra escénica de Xosé Vázquez Pintor, con músicas de Gaël e Tomás Camacho.
  • O luns 4 de decembro o alumnado de 4ºESO participará nunha actividade en colaboración co Consorcio de turismo da Ribeira Sacra.
  • Sesión semanal de Ioga no centro, dirixida ao alumnado de 4º ESO, 1º Bach e 2º de Bach.
  • ESTUDIO DO RÍO ASMA, alumnado de 2º de Bacharelato CTMA.
  • Proxección de curtas de medo no SALON DE ACTOS do IES, nos recreos da próxima semana (do 30/5 ao 3/11), organizado polo Equipo de Dinamización Lingüística
  • O venres 27 de outubro, o alumnado e profesorado do centro participará no MAGOSTO
  • Venres, 20 de outubro, Visita ao museo xeolóxico e o museo etnográfico de Quiroga, ao pregamento de Campodola e ruta de sendeirismo acompañados dun monitor especialista.
  • Venres 6 de outubro, alumnado de 1º e 2º de bacharelato, Charla Erasmus + Voluntariado Europeo  

 

 

Curso 2016-2017

  • O mércores 26 de abril o alumnado de 4º ESO de Francés fará unha representación teatral " La momie du Louvre".
  • O martes 25 de abril o alumnado de 1º de Bacharelato asistirá a unha charla sobre a historia do 25 de abril en Portugal, impartida por Ernesto Tátá. 
  • O luns 24 de abril :  Charla de " Terapia Asistida con animais" para o alumnado de 1º de Bacharlato da materia Anatomía Aplicada.
  • O venres 21 de abril, o alumnado de 4º ESO e 1º de Bacharelato aistirá a unha charla sobre a Violencia de xénero, no Salón de Actos do IES, organizado polo departamento de Orientación 
  • O xoves 20 de abril, o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º ESO, ten previsto acudir a representación dunha obra de teatro no Auditorio de Chantada, organizado polo departamento de Lingua Galega.
  •  O martes 18 de abril : encontro con Elena Gallego, alumnos de 2º e 3º ESO e listaxe de alumnado de 1º de Bacharelato, organizado polo Clube de lectura, Bibloteca e departamento de lengua Castellana.
  • O martes 4 de abril : Charla Dositeo Veiga. 
  • Do 3 ao 7 de abril celebrarase a Semana da Astronomía.
  • O xoves 30 de marzo o alumnado de 1º de ESO asitirá no Salón de Actos a unha charla sobre o ACOSO ESCOLAR organizada polo departamento de Orientación. 
  • O martes 28 de marzo terá lugar unha saída ao Teatro en Inglés. 
  • O martes 21 de marzo,DÍA da Árbore, o alumnado de 1º da ESO plantará unha árbore nos exteriores da piscina municipal en colaboración ca Concellería de Medio Ambiente de Chantada. 
  • O luns 20  de marzo: exposición do sistema educativo português. Horario 12:35 - 13:25h, alumnado afectado 1º de Bacharelato.

  • Charla "Programa ktorce-18"  organizada por Dinamización de Convivencia para o LUNS 6 de marzo. Alumnado de 2º e 3º da ESO, horario 11:45h - 13:25h.
  • As actividades previstas para a FESTA de ENTROIDO que se organizará o 24 de febreiro de 2017, son as seguintes:

    1. Proxección do documental sobre o entroido RIbeirao organizado por " O Moredo", afecta o alumnado de 3º e 4º da ESO antes do recreo.
    2. Posterior o recreo, farase como todos os anos, tempo para disfrazarse e comezo do festival no polideportivo a partir das 12:30 h da máñá. PODERÁ PARTICIPAR TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA.
  • O alumnado de 1º de Bacharelato de Latín e Grego participará o Xoves 9 de febreiro no concurso ODISEA, concurso online de Cultura clásica. Actividade organizada polo departamento de Latín e Grego
  • O  Xoves 2 de febreiro o alumnado de 2º e 3º de ESO acudirá o Auditorio de Chantada a unha representación musical "Concerto con ODAIKO", actividade organizada polo departamento de Música
  •  Información sobre o desenvolvemento da Carreira Solidaria do vindeiro Martes 31 de Xaneiro ( aproveitando para conmemorar o Día da Paz)
  • O xoves 19 de xaneiro se levará a cabo a actividade Encontro musical con MCarballo  organizada polo Departamento de Música
  •    Actividades Complementarias para o día 20 e 21 de decembro de 2016:

 "OS VELLOS NON DEBEN NAMORARSE" , o alumnado de música de 1º de Bacharelato xunto co profesor Don Juan Manuel Vázquez, representará o segundo e o terceiro acto da coñecida obra de Castelao. Esta representación será o día 20 de decembro as 19:30 h no Salón de actos do IES.

"E DESPOIS DO INSTITUTO..., QUE?, o alumnado de 1º e 2º de Bacharelato asitirá a unha charla - coloquio de Pablo González, enseñeiro de nas e deseñador de LEGO, onde falará da súa experiencia profesional. Día 21 de decembro de 9:30 - a 10:30h.


"TORNEO NADAL", todo o alumnado excepto 2º de Bacharelato participará de maneira alternativa  no Torneo de Nadal de fútbol a catro porterías, proxección da película "Quiero ser como Beckhamm" e a charla - coloquio con Verónica Boquete (ANEXO). Día 21 de decembro entre as 10:30 e as 14:00h.

  •  O próximo  mércores 30 de novembro o alumnado de francés asistirá ao Teatro Principal de Ourense para ver a obra de teatro “Le Petit Prince”, adaptación da obra de Antoine de Saint Exupëry, organizada por “Eina da Escola”. Grupos / Alumnado 1º, 2º, 3º e 4º ESO e 1º BAC Horario de saída e chegada 09:00 – 17:00 horas
  • O próximo LUNS  14 de novembro, o alumnado de 1º e 2º de bacharlato asitirá a unha xornada organizada pola Axencia Galega de Innovación, no Salón de actos do IES, a proposta do departamento de tecnoloxía. In-formate.
  • Os días 25, 27 e 28 de outubro, o alumnado de 3º de E.S.O e 1º e2º de Bacharelato, realizarán unha visita á Exposición Manuel Jorge no Auditorio e a Casa da Cultura de Chantada. Visita día 25, día 27 e día 28
  • O mércores 30 de maio o alumnado de 2º e 3º de E.S.O. asistirá a actividades de vela e kaiak de mar no encoro de Castrelo de Miño.Tedes máis información no documento que se achega. Vela e kaiak Castrelo de Miño
  • O vindeiro mércores 30 de maio o alumnado de Robótica entres as 10:25 e as 13:25 horas, fará unha exposición e demostración de distintos funcionamentos de plataformas robóticas construídas por eles.Tedes máis información no documento que se achega. Desafío Robótico 
  • O v.enres 27 de maio o alumnado  visitará a costa de Lugo para coñecer un pouco mellor a vida mariñeira. Tedes máis información no documento que se achega.Mariñeiros por un día
  • O xoves 26 de maio, o alumnado visitará distintos puntos de interese da cidade de Santiago de Compostela.Tedes máis información no documento que se achega. Visita Cultural Club de Lectura.
  • O vindeiro 23 de maio  terá lugar un recital poético organizado poloe Departamento de Lingua Galega.Tedes máis información no documento que se achega. Recital Poético con Serxio Regos
  • O vindeiro venres 20 de maio de 2016, o Departamento de Educación Física, realizará unha actividade de Xogos Colaborativos denominada O Bosque Encantado.Desenvolverase no Pavillón do noso IES entre as 11:45 e as 14:15.Tedes máis información no documento que se achega. Xogos Colaborativos.
  • O vindeiro xoves 19 de maio o alumnado de Música de 4º de E.S.O. e de 1º de Bacharelato gravarán os coros dun tema do novo traballo discográfico da banda de metal APHONNIC.Tedes máis información no documento que se achega. Gravación de Coros APHONNIC
  • O luns 9 de maio o alumnado de 1º ESO do noso IES participará no Correlingua 2016  Ribeira Sacra en Monforte de Lemos.Tedes máis información no documento que se achega.Correlingua 2016
  • A vindeira semana do 3 ao 6  de maio de 2016 celebrarase a XII Semana da Poesía. Realizaranse distintas actividades. Tedes máis información no documento que se achega. XII Semana da Poesía
  • O vindeiro venres 29 de abril de 2016 a Xunta de Delegados e delegadas do IES lama das Quendas organizou un encontro coa actriz Isabel Risco no que se falará sobre a produción cultural en galego.A chrala terá lugar entre as 13:25 e as 14:15 horas no salón de Actos do noso IES.Tedes máis información no documento que se achega. Encontro con Isabel Risco. 
  • O xoves 28 de abril o alumnado de 1º BAC asistirá a un Obradoiro sobre Saúde Sexual, que se celebrará entre as 8:45 e as 14:15 horas.Tedes máis información no documento que se achega.Obradoiro sobre Saúde Sexual.
  • O mércores  27 o alumnado de 4º ESO e 1º BAC asistirá a unha Conferencia sobre Transplantes, que se celebrará entre as 11:45 e as 14:15, mais aínda non sabemos nin a hora de inicio nin a duración exactas.Tedes máis información no documento que se achega.Conferencia sobre Transplantes
  • O martes 26 entre as 11:45 e as 13:25 o Departamento de Lingua Castelá, xunto coa Biblioteca e o Club de Lectura, e por cortesía da Editorial Anaya, organiza un encontro do alumnado de 1º e 2º ESO con Gonzalo Moure.Tedes máis información no documento que se achega.Encontro con Gonzalo Moure.
  •  O luns 25 entre as 16:15 e as 17:55, o Departamento de Educación Física realizará, co alumnado de 3º ESO e 1º BAC, unha carreira de orientación polas rúas de Chantada.Tedes máis información no documento que se achega.Carreira de orientación.
  • O Departamento de Lingua Galega do IES Lama das Quendas, xunto co alumnado de 4ºESO,conmemorará a Revolução do 25 de Abril de 1974, entre os días 15 e 25 de abril de 2016.Realizaranse distintas actividades nas que se inclúe o visionado do filme Capitães de abril, seguido dun cine-fórum.Tedes máis información no documento que se achega.Conmemmoración da Revolução de Abril
  • O venres 8 de abril de 2016 o alumnado de 3º ESO visitará distintos puntos de interese da cidade de Lugo e Terra Cha culminando coa visita á Casa Museo de Manuel María.Tedes máis información no documento que se achega. Terra Cha e Casa Museo Manuel María
  • O vindeiro mércores 13 de abril de 2016 o Departamento de Latín e Grego, en colaboración co Departamento de Filosofía, asistirá co alumnado a unha represetación teatral dentro do XV Festival de Teatro Grecolatino.Tedes máis información no documento que se achega.Teatro Grecolatino.
  • Os vindeiros  martes 29, mércores 30 de marzo e martes 5 de abril de 2016, terán lugar no noso IES os Obradoiros Quérote+ nos que o alumnado de 3º ESO asistirá a unhas charlas sobre educación sexual.Tedes máis información no documento que se achega.Obradoiros Quérote + 
  • O vindeiro martes 15 d e marzo o Departamento de Música realizará un Taller de Voz con Mónica de  Nut, onde o alumnado traballará unha parte de técnica vocal con exercicios prácticos baseados no dinamismo corporal, e outra parte de repertorio de dúas cancións harmonizadas a varias voces.Tedes máis información no documento que se achega: Taller de Voz Mónica de Nut.
  • O vindeiro luns 14 de marzo terá lugar unha actividade do departamento de Lingua Inglesa entre as 11:45 e as 12:35, para o alumnado de 1º e 2º BAC.Tedes máis información no documento que se achega: Clase Cultural Inglés Burlington.
  • O vindeiro luns 15 de febreiro o Departamento de Lingua Galega ten prevista unha saída a Monforte de Lemos para levar ao alumnado  de 3º e 4º ESO e de 1º e 2º de Bacharelato ao Cinema e a realizar o Roteiro Poético de Manuel María.  Tedes máis información no documento que se achega:  Cinema A praia dos Afogados e Roteiro Manuel María 
  •  O vindeiro 15 de marzo de 2016 o Departamento de Música realizará un Taller de Voz con Mónica de Nut, ao que asistirá alumnado de Música de 4º ESO e de Linguaxe e Práctica Musical de 1º de BAC. Tedes máis información no documento que se achega:  Taller de Voz Mónica de Nut
  • O Departamento de Lingua Inglesa realizará unha viaxe de inmersión lingüística con alumnado de todos os cursos da ESO e de 1º de Bacharelato do noso IES entre o 4 e o 20 de xuño de 2016.  Tedes máis información no documento que se achega: Inmersión Lingüística Galway
  • O pasado luns 15 de febreiro o Departamento de Lingua Galega realizou unha saída a Monforte de Lemos para levar ao alumnado  de 3º e 4º ESO e de 1º e 2º de Bacharelato ao Cinema e a realizar o Roteiro Poético de Manuel María.  Tedes máis información no documento que se achega:  Cinema A praia dos Afogados e Roteiro Manuel María