Procedemento de reserva, admisión e matrícula

Procedemento ordinario

 

PROCEDEMENTO RESERVA E ADMISIÓN

 

            Normativa reguladora do procedemento

  • Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (DOG nº 29, 11 de febreiro de 2022) (descargar).
  • Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C) (DOG nº 212, 8 de novembro de 2022) (descargar).

 

Prazo de presentación das solicitudes de reserva

            Do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro, mediante o modelo normalizado ED550A.

 

Data de publicación da listaxe do alumnado con posto reservado

            22 de febreiro.

 

Prazo de presentación das solicitudes de reserva

           Do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro.

 

Postos escolares ofertados por curso

 

          Curso

Postos ofertados

1º ESO

58

2º ESO

13

3º ESO

17

4º ESO

11

1º Bacharelato

14

2º Bacharelato

30

 

Prazo de presentación das solicitudes de admisión

            Do 1 ao 20 de marzo, mediante o modelo normalizado ED550B.

 

Información sobre o proceso de  reserva e admisión

      Todo o alumnado poderá presentar solicitude de admisión, pedindo ata seis (6) centros por orde de preferencia, e alegar os criterios de admisión que pretenda que se lle valoren. Esta solicitude de admisión dirixirase ao centro solicitado en primeiro lugar.

       Despois de presentar unha solicitude de admisión, se quere renunciar a ela deberá facerse expresamente, indicándoo no recadro correspondente da nova solicitude que deberá presentarse.

      O alumnado que teña prioridade para continuar estudos nun centro de adscrición pode exercer o seu dereito á reserva de praza presentando solicitude de reserva no centro adscrito, isto é, no que está matriculado nese momento, e identificará o centro de adscrición que solicita.

       En todo caso, a solicitude de reserva ou de admisión é única para cada alumno/a e ten carácter vinculante. A súa presentación implica que son certos os datos indicados nela.

      A existencia dunha solicitude de admisión presentada en prazo sen renunciar expresamente á anterior e, así mesmo, a existencia dunha solicitude de admisión sen ter renunciado á praza reservada a 28 de febreiro (este incluído) poderán ser causa de perda do dereito a participar no procedemento.

 

Prazo de presentación da documentación xustificativa dos criterios de baremo alegados.

          10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.

 

Data de publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido.

            25 de abril.

 

Prazo de reclamación contra as listaxes provisionais.

        5 días hábiles, contados a partir do seguinte á data de publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido.

 

Data de publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido.

           15 de maio.

 

Prazo para formalizar a matrícula na ESO e Bacharelato.

           Do 23 de xuño ao 7 de xullo, unha vez que o alumnado teña as cualificacións finais do curso.

 

Centros adscritos.

  •    CEIP Plurilingüe Xoán de Requeixo.
  •    CEIP Plurilingüe Eloísa Rivadulla.

 

Área de influencia do centro.

           Non procede

 

Servizos complementarios do centro. Normativa.

 

            Comedor escolar.

  • Decreto 132/2013, do 1 de agosto, polo que se regulan os comedores escolares dos centros docentes públicos non universitarios dependentes da consellería con competencias en materia de educación (DOG nº 154, 13 de agosto de 2022) (descargar).
  • Instrución 3/2022, da Secretaría Xeral Técnica Da Consellería De Cultura, Educación, Formación Profesional E Universidades do 1 de xuño, sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión indirecta no curso escolar 2022-2023 (descargar).

 

            Transporte escolar.

  • Instrución conxunta 1/2022, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e da Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, sobre a xestión do servizo de transporte de escolares no curso escolar 2022-2023 (descargar).

 

Proxecto educativo do centro.

          A admisión e a matriculación no I.E.S. Lama das Quendas de Chantada  implicará respectar o seu proxecto educativo, o cal se pode descargar da páxina web centro (https://www.edu.xunta.gal/centros/ieslamaquendas/taxonomy/term/93).

 

Información do proceso de reserva e admisión a través de internet.

   O alumnado e ás familias poderán consultar na aplicación “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado) a seguinte información:

a) O cronograma coas datas dos trámites principais do procedemento de reserva, admisión ordinaria e matrícula.

b) A previsión de postos escolares dispoñibles e as súas modificacións.

c) A relación do alumnado de cada curso, co número da solicitude de admisión asignado pola aplicación “admisionalumnado” no momento da súa gravación.

d) O estado de tramitación da súa solicitude utilizando o número de solicitude e o número de DNI da persoa solicitante.

e) A listaxe do alumnado con posto reservado e a listaxe provisional e definitiva do alumnado admitido coa puntuación total e do alumnado non admitido, utilizando calquera dos mecanismos de identificación admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o certificado dixital e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

 

 

 

ENSINANZAS BÁSICAS DE EDUCACIÓN PARA PERSOAS ADULTAS

As ensinanzas de adultos están reguladas pola ORDE do 20 de marzo de 2018 pola que se regula a educación básica para as persoas adultas e se establece o seu currículo na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 12/04/2018).

 

RESERVA DE PRAZA

Como norma xeral a solicitude de reserva formalizarase entre o 1 e o 15 de xuño presentando o anexo VIII da orde anterior.

MATRÍCULA

Ensinanzas básicas iniciais: O día 1 de setembro procederase a abrir o prazo de matrícula e permanecerá aberto todo o curso.

Ensinanzas básicas de educación secundaria. Existirán dous períodos:

  • Entre o 1 e o 12 de setembro para o primeiro cuadrimestre.
  • Ata o 15 de xaneiro para o segundo cuadrimestre.

A documentación necesaria para a formalización da matrícula recollerase na conserxería ou secretaría do centro.

 

PROGRAMA CUALE-ENSINANZA DE IDIOMAS

O Programa CUALE está regulado pola Orde de 12 de maio de 2011(DOG 20/05/2011) pola que se establece o programa de cursos para a formación complementaria da aprendizaxe de linguas estranxeiras nos institutos de ensino secundario.

Este tipo de ensinanza está dirixido a rapaces e rapazas que cursen 3º de ESO (curso de formación para acadar o nivel A1), 4º de ESO (curso de preparación para acadar o nivel A2), e Bacharelato e ciclos formativos de formación profesional específica de grado medio ou superior (curso de formación para acadar o nivel B1 ou B2 segundo proceda). No noso centro impártese o Inglés.

A preinscripción farase do 1 de xuño ao 15 de xuño, presentando o impreso de solicitude e o DNI do alumno/a. A matrícula formalizarase no mes de setembro por rigurosa orde de preinscripción. Para acceder ao nivel A2 terá prioridade o alumnado matriculado no A1 durante o curso anterior.