Localización

Situación xeográfica

 

 

 

A vila de Chantada, onde radica o centro, é o principal núcleo de poboación do partido xudicial e da comarca do seu mesmo nome. O seu municipio ten unha superficie de 178 quilómetros cadrados, aséntase no Suroeste da provincia de Lugo entre o Monte Faro e as Ribeiras do Miño, posúe unha poboación de 9.270 habitantes (censo ano 2006) distribuída entre a vila (40 %) e nas trinta e cinco parroquias.

 

Mapa xeográfico

Emprazamento do centro

        O I.E.S. Lama das Quendas encóntrase no casco urbán da vila de Chantada (Lugo), na súa parte noroeste, tal e como se indica no seguinte rueiro:


Rueiro

 

A entrada principal do centro encóntrase cara a rúa Uxio Novoneira, sendo esta a súa parte norte. Ao sur limita cunha extensa zona verde. Ao leste cun paso que sirve de acceso á zona verde existente na parte posterior do recinto, ademais de atoparse a outro lado do paso un edificio de vivendas de cinco alturas, próximo ao polideportivo. Por último, ao oeste atópase una casa unifamiliar de 2 alturas, detrás da cal existe zona verde.


Vista aérea

 


Vista aérea 2

 


Ao outro lado da rúa Uxio Novoneira atópanse unhas poucas vivendas unifamiliares rodeadas de grandes zonas verdes, e o Colexio de Educación Infantil e Primaria Xoán de Requeixo.