Normas da biblioteca

Normas da biblioteca

NORMAS XERAIS

Ø       Durante o curso escolar, a Biblioteca estará aberta de acordo co horario exposto na entrada desta sala. Será atendida polo profesorado que no horario se indica.

Ø       O material prestado deberá ser devolto no prazo establecido. 

Ø       Co gallo da revisión anual dos fondos, o servizo de préstamos da biblioteca rematara o día 10 de xuño. 

Ø       Todo o material bibliotecario, en calquera dos seus soportes, ten que ser tratado con coidado. 

Ø       Durante a permanencia na Biblioteca gardarase silencio e non está permitida a introdución de comidas e bebidas, así como o uso do teléfono móbil. 

Ø       O alumnado non pode utilizar a biblioteca sen a presenza dun profesor/a. 

Ø       A reserva do uso dos ordenadores e da biblioteca como aula farase nas táboas correspondentes. 

 

PRÉSTAMOS E DEVOLUCIÓNS

Ø      Para poder solicitar o préstamo de calquera material da biblioteca deberase dispoñer dun carné da biblioteca co correspondente número de lector. 

Ø      Tanto para préstamos como para devolucións será o bibliotecario o que realice as correspondentes anotacións no programa informático que xestiona a biblioteca escolar. 

Ø      Cada lector/a é responsable do material que leva en préstamo e se se deteriora deberá repoñelo. Os retrasos nas devolucións serán sancionados con tempo sen poder usar o servizo de préstamo.

Ø      Pódense levar como máximo 3 documentos. 

Ø      O período de préstamo será de 15 días. Unha vez rematado o prazo, poderase renovar por outros 15 días, sempre e cando non houbera unha petición anterior. Se se trata de CD-ROM, Vídeo ou DVD o préstamo é so de 7 días. 

Ø      Os materiais de uso xeral (dicionarios, enciclopedias, láminas, atlas, ...)  non poderán ser usados fóra da biblioteca, agás que, por necesidades didácticas, sexan solicitados polo profesorado. 

Ø      O material consultado na biblioteca ten que ser colocado no lugar que ocupaba previamente. 

Ø      Os fondos da nosa biblioteca poden ser consultados na páxina www.opacmeiga.rbgalicia.org 

 

 

USO DOS ORDENADORES DA BIBLIOTECA

      Ø     O ordenador da mesa do bibliotecario é de uso exclusivo do profesorado de garda na biblioteca. 

Ø     Habilitarase un rexistro onde cada persoa que utilice estes ordenadores indicará: nome, curso e hora de uso do ordenador. 

Ø     Se algún/algunha alumno/a é sorprendido/a realizando algunha actividade non permitida será advertido e comunicaráselle que a seguinte vez que o faga prohibiráselle utilizar os ordenadores da biblioteca durante un período dun mes. A segunda suspensión será efectiva para todo o curso.

Ø     Está permitido consultar o correo electrónico, xogos educativos, consultar información en internet para a elaboración de traballos relacionados coas materias, utilización de programas instalados para a elaboración de documentos, traballos, etc..., relacionados coas diferentes materias, e outras actividades realizadas co profesorado e con obxectivos claramente definidos.

Ø  Non está permitido chatear, xogos e consultas de documentos con contidos sexistas, racistas/xenófobos, homófobos e outros contrarios á educación en valores que desenvolvemos no noso centro.  

Ø  Para utilizar o ordenador no recreo haberá que solicitalo cun día de antelación e por un máximo de 3 días á semana.

 

COMO BUSCAR?

Todos os libros están ordenados segundo a CDU (Clasificación Decimal Universal). Este sistema, que acharás en moitas bibliotecas, baséase na división de todo o coñecido en dez grupos ou seccións. As dez áreas de coñecemento -realmente nove porque o 4 está baleiro- son as seguintes: 

0.- Xeneralidades: enciclopedias e dicionarios...

1.- Filosofía. Ética.

2.- Relixión. Mitoloxía.

3.- Ciencias Sociais: Socioloxía, Economía, Dereito...

4.- [Baleiro].

5.- Matemáticas. Ciencias Naturais, Física, Química...

6.- Ciencias Aplicadas: Medicina...

7.- Arte. Deportes.

8.- Lingua. Literatura.

9.- Xeografía. Historia. 

Daquela, os libros do mesmo tema comezan sempre polo mesmo número. Podes localizalos coa axuda dos carteis na parte superior dos andeis. Cantos máis díxitos, se empreguen máis específica é a clasificación.

O máis complexo adoita ser o número 8 referido ás obras literarias, que son case a metade da biblioteca e que debemos diferenciar por linguas 81, e por literatura 82-P (poesía), 82-T (teatro), 82-N (narrativa), 82-E (ensaio), 82-C (comic), e engadindo c (castelán), g (galego), i (inglés), f (francés), p (portugués)

COMO ATOPAR?


  Todos os libros levan no lombo un rótulo ou etiqueta que permite atopar calquera libro manexando a CDU e a simple orde alfabética.  

 Exemplo: Follas Novas de Rosalía de Castro. 

Cada etiqueta contén a sinatura ou sinal de números e letras que indican a colocación do libro dentro da biblioteca.  

 82-P g 

CAS

fol 

 

82-P g

 

   Indica que a obra pertence á Literatura, Poesía en Lingua Galega.

 

CAS

 

      En maiúscula, as tres primeiras letras do apelido ou pseudónimo do  autor ou autora. Neste caso Rosalía de Castro.

 

fol

 


        En minúscula, as tres primeiras letras do título. Neste caso, Follas Novas. 

  A colocación dos libros faise primeiro por orde numérica, segundo, por orde alfabética e das letras do apelido do autor, e por último, as do título. 

Dercarga do folleto de normas