Certificados

Solicitude de certificados

 

Na secretaría do centro pódense solicitar os seguintes certificados:

ALUMNADO.

  • Certificado de galego (CELGA).

Serán validables polo Certificado de lingua galega 3 (Celga 3) o título de graduado en educación secundaria obrigatoria (ESO) sempre que se estudase en Galicia na súa totalidade e se cursase de maneira oficial a materia de lingua galega en todos os cursos dos ditos estudos.

 Serán validables polo Certificado de lingua galega 4 (Celga 4) o título de bacharelato (LOXSE ou BUP) sempre que se estudase en Galicia na súa totalidade e se cursase de maneira oficial a materia de lingua galega en todos os cursos dos ditos estudos.

  • Certificado de matrícula.
  • Certificado académico para acceso a ciclos formativos de grao medio.
  • Certificado académico para acceso a ciclos formativos de grao superior.
  • Certificado de estudos.

 

PROFESORADO/PERSOAL NON DOCENTE

  • Certificado de servizos prestados.

 

Para a solicitude on-line deberase enviar un correo electrónico a ies.lama.quendas@edu.xunta.es indicando os seguintes datos:

  • Nome e apelidos.
  • DNI.
  • Tipo de certificado.
  • Se se quere que se envíe por correo ordinario deberase indicar a dirección postal, senón recollerase na secretaría do centro.
  • Observacións (se procede).