Saltar navegación.
Inicio

bitácorea de admin

Probas de acceso a ciclos de grao medio e superior 2016

Información xeral das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior

Convocatoria de 2016

 

Información xeral sobre as probas acceso ao grao medio

As probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio van dirixidas ás persoas que non cumpran os requisitos académicos de acceso a ciclos formativos de grao medioPara poder concorrer á proba é necesario ter cumpridos dezasete anos ou cumprilos no ano natural de celebración da proba.
 
As probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior van dirixidas ás persoas que teñan polo menos dezanove anos ou os fagan no ano de realización da proba e non cumpran os requisitos académicos de acceso a ciclos formativos de grao superior.
 

Novidades da covocatoria de acceso 2016

As persoas que posúan un título técnico de Formación Profesional ou o título de Bacharelato Unificado e Polivalente (BUP) cumpren os requisitos académicos de acceso a ciclos formativos de grao superior e, xa que logo, non terán que presentarse ás probas para acceder a estes ciclos formativos.

Datos oficiais de número de contratos de traballo en Formación Profesional (2014 e 2015)

 Aquí amosamos datos que poden axudar a ver as saídas laborais dos distintos módulos:

Moitas razóns para estudar Formación Profesional

Unha axuda para a escolla do teu futuro: alumnos dan as súas impresións sobre o seu ciclo

Consellos entre estudantes (alumnado de 2º de Bacharelato)

Para un curso coma 2º de Bacharelato, estes consellos dos nosos alumnos non veñen nada mal...

Consellos entre estudantes (alumnado de 1º de Bacharelato)

Quen mellor para aconsellare que un compañeiro...

Avaliación da satisfacción do alumnado (xaneiro 2016)

Xa contamos cos resultados do estudo que se fixo para avaliar a satisfacción do noso alumnado de Bacharelato e Formación Profesional con data de xaneiro 2016:

O IES García Barbón realiza un Programa bianual de formación permanente do profesorado

O IES García Barbón, na súa búsqueda continua da mellora no seu ensino, establece un programa bianual de formación permanente do profesorado do que dase cumprida información aquí:

Visita a Augas de Sousas dos alumnos de Mantemento e de Automoción

Hai uns días, os alumnos de Mantemento e de Automoción achegáronse ata Augas de Sousas e coñeceron de perto distintos aspectos relacionados cos seus estudos. É de agradecer a colaboración desta empresa co IES García Barbón e a formación dos seus alumnos. 

Distribuir contido