Saltar navegación.
Inicio

bitácorea de admin

Club de conversa en Inglés

O vindeiro mes de novembro dará comezo unha nova actividade promovida pola Biblioteca do centro e coa colaboración do Departamento de inglés. Trátase dun grupo de conversa en inglés que está aberto a tódolos membros da comunidade educativa do centro e que ten como obxectivo mellorar a fluidez e a comprensión oral do inglés, empregándoo ,  ao tempo que nos divertimos e facemos amigos…

           O grupo reunirase nun principio unha vez ao mes polas tardes, dende novembro a xuño e será coordinado polas profesoras de inglés do colexio e a profesora de Relixión quen conta coa experiencia de ter vivido en EE.UU durante un período de tempo.

Clubs de lectura

O vindeiro luns día 26  de outubro dará comezo un CLUB DE LECTURA organizado pola biblioteca do centro e coa colaboración do profesorado dos distintos departamentos. Este Club de Lectura terá dous grupos:

  • Para os alumnos de Bacharelato e Ciclos Formativos: Club de Lectura en Galego e no que será coordinadora Beatriz Mira Miñones.
  • Para os alumnos de Formación Profesional Básica: Club de Lectura con lecturas e visionados de películas en distintos formatos e no que será coordinador Rubén Silva Rodríguez.

Así pois, todo os interesados deberán asistir á reunión que terá lugar na biblioteca no descanso do mediodía do vindeiro luns 26 de outubro.

Os alumnos, que teñan algunha dúbida ou non poidan asistir, poden consultar as súas dúbidas cos coordinadores de cada un dos clubs ou coa coordinadora da biblioteca Maite Bugallo Castiñeiras.

¡¡ ANIMÁDEVOS!!

Matrícula aberta en Ciclos formativos no IES García Barbón

Podes matricularte entre

o 23 e o 25 de setembro

no IES García Barbón.

 

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido