Skip to Content

Novas

1.º Premio Plan Proxecta Apuntámonos a non beber

1.º PREMIO -  Plan Proxecta "Apuntámonos a non beber"

A Consellería de Sanidade vén de comunicarnos a resolución do Plan Proxecta "Apuntámonos a non beber" na que dous traballos do alumnado de  1.º ESO acadaron o premio na categoría de Análise da publicidade de bebidas alcohólicas.

As dúas clases de 1.º ESO traballaron ao longo do curso dentro da materia de Promoción de hábitos de vida saudables impartida polo profesor Camilo Soto.

A vindeira semana gozarán dunha xornada de lecer nas instalación de Aquapark, en Cerceda.

Parabéns!!!

1.º ESO - A    
Análise da campaña dae Beefeater Pink

   

    1.º ESO- B  
Análise campañas en instagram
(Martini, Estrella de Galicia, Absolut, Beefeater...)

 

 

 

 

Comunicado Sergas

INFORMACIÓN DO PROXECTA Apuntámonos a n on beber

Vive o momento...sen drogas polo medio

 


Campaña de sensibilización sobre o consumo de drogas realizada polo alumnado de 4.º ESO e 2.º FPB realizada nas sesións de titoría. O traballo fíxose no marco dun convenio de colaboración asinado entre o Concello de Mugardos e a Asociación Ferrolá de Drogodependencias (ASFEDRO). Consistiu no deseño dunha serie de debuxos e mensaxes cos que se trata de concienciar á mocedade dos prexuízos do consumo de alcohol e drogas e, en xeral, da adopción doutras condutas aditivas. 

A campaña xa foi presentada o pasado mes no Salón de Plenos do Concello (ver noticia) e agora as súas mensaxes van ser difundidas a travé de pousavasos e carteis que se distribuirán pola vila.

 

Promoción Bacharelato 2017-2019

 A tarde do venres, 24 de maio, celebramos o acto de despedida da brillante promoción de bacharelato 2017-2019. Foi un acto emotivo, dirixido e organizado polo propio alumnado que deixa unha fonda pegada no instituto. Parabéns ao novos bachareis que enfrontan unha nova etapa nas súas vidas. Grazas ao profesorado que os acompañou en toda a súa traxectoria escolar. Moi agredecidos ao Casino Mugardés que nos cedeu as súas instalación para compartirmos o acto con todas as familias. Para todas as familias, o noso recoñecemento por confiarnos unha parte importante da educación dos seus fillos e fillas. 

"A volar, patitos" (Telmo dixit)

MEDEA. Estrea da compañía Obradoiro de Teatro

A compañía dramática Obradoiro de Teatro de 2.º bacharelato estreou esta mañá a obra clásica Medea, de Eurípedes. A ovación do auditorio tras a representación do drama testemuña o excelente traballo actoral do elenco. Salientamos, asemade, a escenografía, vestiario e iluminación xunto coa dirección da profesora Olga Cabalar.

Calendario de exames (3.º avaliación)

    1.º ESO-A    2.º ESO-A     3.º ESO-A  

 

 4.º ESO

 

 

 

 

   1º. ESO-B    2.º ESO-B    3º. ESO-P  
 

1.º Bacharelato - A

1.º Bacharelato - B

 2.º Bacharelato

Conv.
extraordinaria
xuño

 

NOTA: Estes calendarios, elaborados polas titorías de cada un dos grupos e a Xefatura de Estudos, son un documento orientativo destinado a facilitar a programación e traballo da aula e da casa. En ocasións, algunhas datas das probas poderán cambiarse para adaptarse á marcha do curso.

Suprime o control: encontro coas familias

O IES de Mugardos vén participando ao longo deste curso no programa socioeducativo de prevención da violencia de xénero "Suprime o Control".   O obxectivo do programa é ofrecerlle ao alumnado de 3º e 4º da ESO, ás súas familias, e ao profesorado, ferramentas coas que traballar pola construción de identidades igualitarias, facendo unha especial crítica ás violencias machistas na adolescencia e á súa reprodución por medio das redes sociais, os productos audiovisuais, etc.

Dentro deste programa convídase ás familias a unha charla sobre a violencia de xénero e novas tecnoloxías, na que participará o propio persoal educador do programa e a unidade especializada da Garda Civil experta na impartición de actividades educativas sobre prevención da violencia contra as mulleres e novas tecnoloxías.

A finalidade de dita charla é sensibilizar ás familias sobre a dimensión que ten o fenómeno da violencia de xénero en adolescentes e visibilizar as súas consecuencias, así como aportar coñecementos e pautas que contribúan a prestar unha maior atención a esta problemática. Así mesmo, falarase sobre o Programa Socioeducativo que se está impartindo no centro e dos resultados e experiencias obtidas ata o momento.

DATA: Mércores, 8 de maio

HORA: 18:30 horas

LUGAR: Salón de Actos do instituto

DESTINATARIOS: Familiares do alumnado

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut