Matrícula oficial

Matrícula alumnado oficial curso 2024-2025

Este apartado recolle a información para o alumnado que se matricula para asistir ás clases durante o curso académico (de setembro a xuño). Se desexa matricularse soamente para as probas de certificación, debe consultar o apartado de matrícula libre.

Por favor, lea atentamente a información e consulte as súas dúbidas na conserxería ou a secretaría do centro.

Teña en conta que:

  • En período de matrícula, as liñas telefónicas poden estar colapsadas en momentos puntuais.
  • Aconsellamos ler toda a información e consultar no centro as situacións individuais.
  • Debido ao volume de consultas formuladas por correo electrónico, non é posible reponder a todas as consultas inmediatamente.
  • Debe presentar toda a documentación para que a matrícula sea efectiva. Non se validarán matrículas con documentación sen completar.

Documentación a entregar coa matrícula

Comprobe neste apartado que documentación que debe entregar coa matrícula, en función da súa situación. En caso de dúbida, consulte coa secretaría do centro ou por correo electrónico.

Matrícula alumnado que continúa estudos

O alumnado que estivo matriculado no curso 2023-2024 que desexa continuar os seus estudos no 2024-2025 debe seguir os pasos que se indican neste apartado. Se renunciou á matrícula ou lle foi anulada no curso 2023-2024, debe seguir este outro procedemento.

Siga o procedemento, os prazos e a documentación a entregar para completar a matrícula con éxito.

Cambios de grupo - Prazo de solicitudes 2024-2025

Pendente de actualizar para o curso 2024-2025

Unha vez formalizada a matrícula é posible cambiar de grupo asignado, sempre que haxa prazas dispoñibles no grupo ao que desexe cambiarse.

Comprobe neste apartado a información de como proceder para cambiar de grupo de aula, en que momentos do curso se pode realizar o cambio e como debe solicitalo.

Lea atentamente toda a información.

Prazos de matrícula curso 2024-2025

As persoas que continúan estudos:

Do 18 ao 28 de xuño ás 23.59:

  • Para quen: Alumnado oficial de cursos de promoción e de certificación APTO na convocatoria ordinaria de xuño de 2024. inclúese o alumnado de "That's English!" APTO na convocatoria ordinaria de xuño de 2024 que queira pasar ao ensino oficial, presencial ou semipresencial, no curso 2024-2025, para isto débese contactar coa secretaría da escola previamente.
  • Donde: na web de CentrosNET, acceso mediante usuario rexistrado.
  • Como: realizar o proceso en liña e presentar a documentación a través da aplicación Centrosnet.

Do  28 ao 5 de xullo ás 23.59:

  • Para quen: Alumnado oficial de cursos de promoción e de certificación APTO, NON APTO ou NON PRESENTADO na convocatoria extraordianaria de xuño de 2024. Inclúese o alumnado de "That's English!" da convocatoria extraordinaria de xuño de 2024 que queira pasar ao ensino oficial, presencial ou semipresencial, no curso 2024-2025, para isto débese contactar coa secretaría da escola previamente.
  • Donde: na web de CentrosNeT, acceso mediante usuario rexistrado.
  • Como: realizar o proceso en liña e presentar a documentación a través da aplicación Centrosnet.

As persoas que inician ou retoman estudos e deben preinscribirse:

  • Para quen: Persoas que se matriculan por vez primeira nunha lingua ou que retoman estudos interrompidos o curso pasado. Persoas que renunciaron á matrícula ou lles foi anulada no curso 2023-2024. Persoas procedentes doutra escola oficial de idiomas.
  • Donde: na web de preinscrición www.eoidigital.com/preinsxunta, a primeira vez que acceden deberán rexistrase.
  • Como: realizar o proceso en liña e presentando a documentación a través da aplicación. Consulte a información sobre preinscrición.
  • Cando:
    • Deben preinscribirse do 24 de xuño ao 5 de xullo.
    • Deben matricularse do 9 ao 19 de xullo ás 23.59 (caso de obter praza no sorteo do 8 de xullo).

Cursos monográficos e de destrezas:

Para os anuais e do primeiro cuatrimestre:

  • 28 de xuño a 19 de xullo
  • 26 de agosto a 20 de setembro

Cursos CELGA 3 e CELGA 4:

Consultar esta ligazón para máis información.

Cursos de Linguaxe Administrativa (Nivel medio e Nivel Superior):

Consultar esta ligazón para máis información.

Derradeiro prazo de matrícula:

Do 26 de agosto ao 20 de setembro:

Matrícula That's English! 2024-2025

Se quere cursar estudos de inglés na modalidade semipresencial That's English!, na EOI de Vilagarcía impártense titorías para todos os niveis.

O prazo de matrícula para o curso 2024-2025:

  • Alumnado que estivo matriculado en That´s English no curso 2023-2024 e que desexen seguir os seus estudos nesta modalidade: do 28 de xuño ao 12 de xullo. Póñanse en contacto co seu centro de apoio administrativo. 
  • Alumnado de nova incorporación a esta modalidade para o curso 2024-2025: do 2 de setembro ao 31 de outubro
  • Pode consultar todos os detalles na Instrución 2/2024.

O centro de apoio administrativo está na EOI de Pontevedra. Teléfono: 886 15 91 21. Pode consultar toda a información sobre o programa nesta ligazón externa: www.thatsenglish.com

CentrosNet - Acceso e utilidade

Por seguridade, non facilitamos datos de acceso por teléfono ou correo electrónico. Caso de ter dificultades para acceder, pase pola secretaría en horario de atención ao público.

Para acceder, clique na icona de CentrosNet (arriba á esquerda nesta páxina) ou empregue este enlace

Para identificarse:

  • Nome de usuario: é o seu número de expediente (comeza por 05/... e figura no seu carné de estudante). Tamén pode empregar a súa data de nacemento en formato DD/MM/AAAA
  • Contrasinal: é o número do seu DNI sen a letra. Se ten N.I.E. primeira letra e números (sen a letra final).
  • Contrasinal persoal: creado polo usuario a primeira vez que accede. Consulte nesta ligazón como crear o seu Contrasinal seguro.

Utilidades:

Distribuir contido