Manual do alumnado
Manual do alumnado
Nesta sección queremos pór á súa disposición toda a axuda que poidan precisar para ser usuarios/as autónomos/as das ferramentas TIC que terán que utilizar na súa andadura como estudantes da Escola Oficial de Idiomas de Vilagarcía.
Lembre clicar en Ler mais ao final das entradas, para ver toda a información.
Curso TIC para alumnado da EOI Vilagarcía
As TIC da EOI_VGA para alumnado
Este curso, que se atopa accesible na aula virtual da escola, é altamente recomendable pola súa natureza dinámica: nel iremos subindo titoriais e manuais de axuda para tódalas función básicas coas ferramentas TAC da EOI. De momento hai poucos habilitados, pero se irán creando a medida que se vaian detectando necesidades.
Aula virtual da EOI Vilagarcía
Rexistro na plataforma Moodle
Para facilitarlle esta labor, o profesorado titor dos grupos acompañará ao seu alumnado para se asegurar nas primeiras semanas de aulas de que sabe como acceder. Se por calquera motivo non puido vir ás primeiras sesións de acompañamento, no seguinte videotitorial ten as indicacións para rexistrarse como usuario da nosa aula virtual da escola.
Automatriculación nun curso da aula virtual na plataforma Moodle
Unha vez rexistrado/a na plataforma, e posible que precise automatricularse nun curso para que a o/a seu/súa titor/a lle deu unha chave. Neste videotitorial lle explicamos como!
CentrosNet
O primeiro paso que precisa é como darse de alta na aplicación de CentrosNET.
Nesta ligazón lle explicamos como facelo.
.