Actividades e novas

8M - Día Internacional da Muller

A Banda da Loba homenaxea a Xela Arias nun videoclip.

LE en gaLEgo! Novidades na nosa biblioteca

Xa están dispoñibles na biblioteca do centro as novas adquisicións do EDLG.

 

 

 

Esperemos que desfrutedes con estas lecturas!

Día Internacional da Lingua Materna

O Día Internacional da Lingua Materna foi recoñecido pola UNESCO en 1999 en conmemoración aos incidentes acontencidos na celebración do Día do Movemento da Lingua Bengalí en 1952. O galego e o bengalí comparten a palabra 'xanela' co mesmo significado. Así, que aproveitando as verbas de Moncho Iglesias Míguez no artigo Ekuxei, día da lingua materna, o EDLG do noso centro proponvos unha actividade co lema:

"As linguas son xanelas abertas ao respecto pola diversidade cultural e lingüística."

Club de lectura: O xardineiro dos ingleses de Marcos Calveiro (Segundo encontro)

O venres 19 de febreiro celebrarase o segundo encontro do club de lectura 'O xardineiro dos ingleses' de Marcos Calveiro. Nesta xuntanza abordaremos os catro primeiros capítulos do libro e para iso partiremos das cuestións que se amosan nesta imaxe. 

Club de lectura: Vídeos promocionais

¿Gústache ler? ¿Queres participar no noso club pero non sabes se che gustará o libro?

Aquí vos deixamos un vídeo e unha ligazón a outro que vos serán de gran axuda para unirvos a nós!

'O xardineiro dos ingleses', de Marcos Calveiro: amor, espías e aventurashttps://www.crtvg.es/informativos/o-xardineiro-dos-ingleses-de-marcos-calveiro-amor-espias-e-aventuras-3709159

Booktrailer de O xardineiro dos ingleses

Club de lectura: O xardineiro dos ingleses de Marcos Calveiro

 

 

Anímaste a participar neste club de lectura organizado polo EDLG? Nesta ligazón pódense ver dous vídeos de presentación do libro: un booktrailer e unha noticia na CRTVG.

As xuntanzas serán en galego e faranse por videoconferencia. A seguinte sesión será o venres 19 de febreiro ás 16.30h. Se aínda estás interesado/a en unirte, inscríbete aquí https://forms.gle/Bx9sDwpccqo6LoWQ8 

 

Gañadores do Concurso "Estiven en Carvalho (Calero)!

Queremos agradecervos a todos a vosa participación nesta actividade do EDLG. Desfrutamos moitísimo cos vosos vídeos e... os gañadores do concurso "Estiven en Carvalho (Calero)! son...

 

 

Distribuir contido