Información sobre protección de datos persoais

 

INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS

Responsable do tratamento

Xunta de Galicia – Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Finalidades do tratamento

Xestionar o proceso de matriculación en ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, nun centro docente sostido con fondos públicos.

Lexitimación para o tratamento

O cumprimento dunha misión en interese público, segundo a normativa xeral e sectorial referida en informacion-xeral-proteccion-datos, e demais regulación concordante. En particular resulta de aplicación a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Destinatarios dos datos

Os datos poderán ser comunicados , cando sexa estritamente necesario e conforme ao previsto na lexislación vixente, a outras administracións públicas competentes, incluídos Xulgados e Tribunais e poderán publicarse na páxinas web ou taboleiros de anuncios do centro ou na páxina web institucional da Consellería, a fin de dar a publicidade legalmente esixida aos distintos procedementos

Exercicio de dereitos

As persoas interesadas poderán solicitar o acceso, rectificación, limitación, portabilidade e supresión dos seus datos, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos

Contacto delegado/a de protección de datos e información adicional

https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos