Administración
Renovación membros Consello Escolar - Curso 2020-2021
O curso 2020-2021, estaba previsto un proceso de renovación que foi adiado. Vexa a informacion completa nesta ligazón.
Se desexa participar, por favor, revise este apartado con frecuencia.
Consulte nesta ligazón a información da anterior renovación (curso 2018-2019).
Documentación do centro - Curso 2020-2021
Pode consultar a seguinte documentación organizativa:
- Normativa de organización e funcionamento.
- Plan de Convivencia
- Plan de promoción da Lingua Galega.
- Horarios das aulas en caso de peche (ensino a distancia).
- Fomento da lectura: proxecto dos Clubes de Lectura.
É aconsellable que coñeza as rutas de evacuación en caso de emerxencia. Consulte os planos coas rutas situados nos corredores do centro.
Trámites e formularios frecuentes
Modelos de documentos máis frecuentes:
- NOVO: Curso 2019-2020 - Renuncia á promoción.
- Instancia xeral. Fáganos chegar as súas queixas, peticións e suxestións.
- Solicitude de renuncia á matrícula oficial. Prazo ata o 30 de xuño no curso 2019-2020. Debe entregarse no rexistro do centro ou enviar por correo certificado.
- Solicitude de devolución de prezos públicos. Se ingresou cantidades indebidas ou obtivo beca despois de facer o pagamento das taxas, pode solicitar a devolución das cantidades ingresadas indebidamente. Traia os documentos orixinais e, no momento de entregar a documentación, compulsaremos as copias na secretaría.
- Modelo reclamación de cualificacións. En caso de desacordo coa cualificación da proba de promoción ou certificación, pode presentar unha reclamación dentro dos dous días seguintes á data de publicación da mesma. Presente un modelo por cada unha das destrezas coas que esté en desacordo. O motivo da reclamación debe axustarse ao dispoto no normativa vixente. Información completa no dorso do modelo de documento.
- Solicitude de adaptación para persoas con discapacidade.
Renovación membros do Consello Escolar Curso 2018-2019
Ao abeiro do disposto na RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2018, conxunta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos procédese a renovar o consello escolar desta escola oficial de idiomas.
Representantes se renovan:
- DOUS (2) representantes de pais/nais/titores.
- TRES (3) representante do alumnado. Un deles é a persoa que preside a xunta de delegados.
- CINCO (5) representantes do profesorado.
Información relevante para o proceso:
Títulos Certificado de Aptitude (LOGSE) e Nivel Avanzado (LOE)
As persoas que teñan solicitado os títulos correspondentes ao Certificado de Aptitude (antiguo 5º da LOGSE) e Nivel Avanzado (Avanzado 2 LOE) con anterioridade ao 01 de xullo do 2017 poden pasar a recollelos na secretaría do centro. Comprobe aquí o horario de atención ao público.
Os interesados deben presentar DNI para poder retiralo. Caso de non poder facelo persoalmente, deben autorizar por escrito a unha terceira persoa e facilitarlle copia do D.N.I.
Cambios de grupo - Prazo de solicitudes - Curso 2020-2021
Quen e como:
- As persoas matriculadas que estén interesadas en solicitar o cambio de grupo poderán facelo dende o seu perfil de CentrosNet.
- Cada persoa poderá formular un máximo de 2 peticións por cada idioma no que esté matrícula.
- Só se pode pedir cambio de hora. Non é posible solicitar cambio de nivel ou de idioma.
Cando se pode solicitar:
Haberá distintos períodos para solicitar cambios de grupo.
- Solicitudes online, unha vez rematados os prazos de matrícula: dende o 6 de novembro ás 18:00 ata o día 9 ás 10:00.
- Posteriormente, durante o curso, pode entregar unha solicitude de cambio na secretaría.
Resolución das solicitudes:
Solicitude e recollida de certificados
A solicitude e recollida de certificados faranse na secretaría do centro dentro do horario de atención. A persoa interesada poderá recoller os certificados a partires dos sete (7) días seguintes á data da solicitude.
Caso de non poder recollelos en persoa, poderá extender autorización a unha terceira persoa: deberá acompañarse de copia do DNI/NIE do titular do certificado e deberá constar identificación da persoa autorizada.
Validez dos certificados
As Titulacións das Escolas Oficiais de Idiomas valóranse segundo a lexislación establecida a tal efecto en:
- acceso á función pública;
- habilitación para impartir especialidades en postos de ensinanza primaria;
- concurso de traslados na función pública docente;
- valoración como formación permanente do profesorado;
- créditos de libre configuración na universidade.
Solicitude de traslado de expediente
Para solicitar un traslado de expediente da EOI de Vilagarcía de Arousa a outra Escola Oficial de Idiomas, a persoa interesada non precisa presentar solicitude no noso centro. A EOI de destino, caso de estar noutra comunidade autónoma, poderá esixirlle unha certificación académica. O traslado tramítase de oficio, entre secretarías.
