Información Xeral
Probas de clasificación para o curso 2023-2024.
Probas de clasificación que se administran para o curso 2023-2024
- Alemán.
- Francés.
- Galego.
- Inglés.
- Italiano.
- Portugués.
Quen se pode inscribir para realizar unha proba de clasificación?
- Novo alumnado que teña coñecementos previos e desexe matricularse na modalidade presencial nun curso distinto de primeiro.
- Antigo alumnado que non estivera cursando estas ensinanzas nos dous últimos cursos académicos na modalidade presencial ou That’s English!; polo que non poderá matricularse nunha proba de clasificación o alumnado oficial dos cursos 2021-2022 nin do 2022-2023. Deberá ter en conta que se o resultado da proba lle da acceso a un curso que xa superou, a proba non terá efecto.
Requisitos das persoas aspirantes
- As persoas aspirantes ás probas de clasificación deben ter dezaseis anos, ou cumprilos antes do 31 de decembro de 2023. Excepcionalmente, se o aspirante ten catorce anos ou os cumpre antes do 31 de decembro de 2023 poderá facer a proba de clasificación dun idioma distinto ao cursado como primeira lingua na ensinanza obrigatoria no curso 2022-2023.
Validez das probas:
- Os resultados son válidos para o curso no que se realizan as probas e o inmediatamente seguinte. Neste caso, os cursos 2023-2024 e 2024-2025.
- As probas teñen validez en todas as Escolas Oficiais de Idiomas de Galicia.
»
