Formalización
Formalizar matrícula libre. Curso 2021-2022
CANDO E COMO:
O prazo de matrícula para o alumnado libre vai do 9 ao 26 de novembro do 2021. A aplicación web de matrícula permanecerá aberta ata as 12.00 do mediodía do 26 de novembro.
A matrícula feita en liña non terá validez ata que o alumnado a formalice a través da aplicación web, no prazo establecido.
A matrícula realizase en liña no seguinte enderezo https://www.eoidigital.com/eoixuntalibre
DOCUMENTACIÓN:
1. Para todo o alumnado:
- Impreso de matrícula xerado pola aplicación informática, onde se indique(n) o(s) idioma(s), o nivel ou niveis no(s) que se matricula.
- Resgardo do aboamento dos prezos públicos segundo o Decreto 89/2013, do 13 de xuño de 2013 (DOG do 17). Os/As interesados/as poden recoller a folla de liquidación de taxas na conserxería do centro.
- Fotocopia do DNI, NIE ou pasaporte, no caso de persoas estranxeiras.
2 Cando proceda:
»
