Coñece a Biblioteca
Biblioteca da EOI de Vilagarcía
Pode consultar os seguintes apartados sobre a Biblioteca do noso centro
Que é iso de Koha?
Víchedes unha nova icona na marxe superior dereita da nosa web?
Que é iso de Koha?
A nosa biblioteca, xunto con outras bibliotecas PLAMBE (plan de mellora das bibliotecas escolares) sumouse á implantación do sistema de xestión Koha, baseado en software libre e cunha xestión dos espazos e recursos máis libre e flexible. Trátase dun proxecto nas primeiras fases de execución para bibliotecas escolares dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta, apoiado pola AMTEGA. +info. en Xercode
Pronto anunciaremos moitas máis novidades, así como videotitoriais e outras ferramentas de axuda para ensinarvos o funcionamento da nosa Biblioteca de agora en adiante.
Mellorando espazos co Plambe
Xusto hoxe a nova sala da Escola, o Obradoiro da Biblioteca, transformouse neste colorido e ameno espazo de colaboración. Sabedes onde está? Buscádeo ao final do corredor sur! O Obradoiro da Biblioteca é a sala que, alén das restricións pola situación sociosanitaria que imperan neste momento, servirá para ter un espazo aberto ao alumnado, e á comunidade educativa en xeral, de cara á interacción e á colaboración. Nos vindeiros días veredes que a colocación das mesas tal e como aparece na foto de presentación mudará para adecuarse ao protocolo covid do centro. Seguimos coa mellora dos espazos! E para ver que outras novidades nos depara a mellora da biblioteca, animámosvos a ler o noso Plambe (Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares) 'Linguas nas Ondas' |
![]() |
Radio Maré - A radio da biblioteca xa ten nome
![]() |
A radio da biblioteca xa ten nome! Radio Maré Escoitade o audio para ver a descrición e concepción do nome, enmarcado no noso proxecto Plambe 'Linguas nas Ondas' e na idea de teren unha radio nas ondas. Mil grazas a todas e todos os que participastes coas vosas achegas a esta radio do centro. Pouco a pouco seguimos creando escola! |
Exóticas
![]() |
Galileo, Homero, Platón, Newton, Kapuściński, Kant, Cervantes, Fleming, Aristóteles, Lorca, Marx, Pulitzer, Tesla, Kant… e poderiamos seguir enumerando a homes que ateigan os libros de historia… Agora ben.. esta historia, sen mulleres, está incompleta. E para enchela de científicas, pensadoras, mestras, artistas… de mulleres, en definitiva, desde este novo espazo animámosvos a redescubrir connosco, neste e en vindeiros episodios, algunhas das figuras femininas máis relevantes desa historia que as silenciou e as desterrou ás sombras. Hoxe, comezamos nós. EXÓTICAS Episodio 7 - Elba
|
O tupper da Radio da Biblioteca
Temos un novo programa de emisións na radio da biblioteca da nosa EOI. ‘O tupper' - Programa de entrevistas e concursos da EOI de Vilagarcía Este trimestre na EOI VGA houbo tantas actividades...!
Para máis contido interesante, suscríbete ós nosos podcast en iVoox.
Terás o Tupper sempre dispoñible nesta ligazón |
![]() |
