FAQ

Probas de certificación: Preguntas frecuentes. Curso 2022-2023

1 – Cando me podo matricular para realizar a/s proba/s de certificación?
As datas de matrícula son do 2 ao 18 de novembro (ambos inclusive). Importante: a aplicación pecha ás 12:00 horas do 18 de novembro.

2 – Onde podo recoller os impresos de matrícula?
Non precisa impreso para a matrícula: realízase en liña. Realice o pago en liña, ou alternativamente, pode recoller na conserxería da EOI un impreso para o pago das taxas nunha entidade bancaria.

3 – Onde teño que entregar a documentación para formalizar a matrícula?

A documentación presentarase desde a ligazón https://www.eoidigital.com/eoixuntalibre

En caso de dificultades para a presentación por vía telemática, a documentación poderase presentar na secretaría do centro en horario de atención ao público. A matrícula non é válida ata que se entrega toda a documentación.

4 – Quen se pode inscribir na EOI de Vilagarcía de Arousa para realizar unha proba de certificación?

Distribuir contido