Actividades

Día do libro no Camiño - obradoiro de banda deseñada con Helder Rodrigues

Celebramos o Dia Internacional do Libro con un obradoiro de banda deseñada da man de Helder Rodrigues Parrinha, que tamén presentará a súa obra Destino Santiago, que tan ben encaixa no noso proxecto eTwinning No Camiño / Auf dem Weg / On the way! Ides perdelo?

Agardámoste no obradoiro, só precisas traer creatividade - lapis e papel corren da nosa conta!

poster obradoiro helder

 

A nosa historia radiofónica vai...

... como ti queiras!!
Mira aquí!

→ axúdasnos a continuar?? Manda as túas propostas de continuación da historia a este Padlet:
- podes continuar un fío aberto ou abrir un novo a partires do primeiro texto
- podes facer achegas en texto escrito, texto oral, vídeo, ilustración, o que penses mellor!! se cadra queres porlles cara ás persoas e paisaxes?

- podes comunicarte en calquera das seis linguas da escola podes poñer axudas para a comprensión dende outras linguas: glosas, subtítulos, debuxos...

→Iremos publicando todas as achegas por diferentes medios: radio, twitter, instagram, web, cartaces…

- cal será a mellor historia???? .

 

Clube creativo Café de Pota

Préstache un Café de Pota así cedo pola mañanciña? Ou pola tardiña! Vente ao novo clube creativo promovido pola equipa Tupper da Radio Maré!

Toda a información aquí

Formación técnica para uso da Radio

Queres aprender a usar o equipamento de Radio Maré?

Apúntate á formación en biblioteca@eoivga.org

Poderás asistir ás sesións iniciais, ás gravadas ou as que se fagan en cascada. Deixa o teu nome nese correo para poder organizar todo mellor!

Voluntariado para a Biblioteca

COLABORA COA TÚA BIBLIOTECA

Programa de voluntariado 2021-2022

Buscamos alumnado con algún tempo dispoñible e interese en pasar tempo nun espazo cheo de historias e aventuras.

Precisamos axuda nestas tarefas: xestionar o servizo de empréstitos e devolucións, dinamizar as actividades da Biblio, colaborar en Radio Maré, colaborar na transformación do servizo...

Como podes inscribirte? Tes dúas alternativas: decíndollo á/ao túa/teu profe ou mandando un mail a biblioteca@eoivga.org nos dous casos indicando dispoñibilidade horaria e días posibles.

Recoñecemento: certificaranse de 15 a 30 horas. A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado depositará as experiencias das persoas voluntarias no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia e emitirá as certificacións.

 

A EOI resultou gañadora no III Concurso de Podcast – Radio na Biblio de Bibliotecas Escolares

 

O grupo de alumnado que por iniciativa propia ideou e creou o programa de Radio Maré, ‘Exóticas’ resultou gañador do III Concurso de Podcasts - Radio na Biblio co seu episodio dedicado a Xela Arias, que podedes escoitar aquí. Parabéns! Esta proposta en particular está vinculada á celebración do Día das Letras Galegas, dedicado este ano a editora, tradutora, poeta.

A convocatoria estaba destinada a centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Universidade que traballan a radio como ferramenta pedagóxica, integrados ou non no programa Radio na Biblio, e a contía do premio deberá destinarse a melloras no equipamento e infraestructura do laboratorio/emisora de radio.

Os podcasts seleccionados serán difundidos pola Radio Galega a través da  páxina do Diario Cultural, onde xa o podedes ver publicado, así mesmo, serán difundidos a través dos medios web da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Invitámosvos a escoitalo e a seguir participando e contribuíndo para crear escola.

Xa podemos escoitalos!

... non deixes de escoitalos e de lelos! Todas as obras dispoñibles na Biblioteca!

 

 

Día do Libro en Radio Maré - 23 de abril

Para conmemorar o Día Internacional do Libro, 23.04.2021 a Biblioteca organiza unha serie de entrevistas colaborativas para Radio Maré.

Contamos coa túa participación!!

As entrevistas terán lugar ao final da semana da conmemoración, dúas serán en diferido (Xose Luis Mosquera Camba e Xesús Fraga) e unha en streaming (Lola Rontano). Esa mesma semana farémosvos chegar a ligazón para participardes na emisión en vivo como entrevistadorxs que sodes! Para participar nos programas gravados pica nas ligazóns!
cartaz dia do libro

 

Gañadora do primeiro concurso do Tupper da Radio da Biblioteca

 

Xa temos a primeira persoa gañadora da serie de concursos do programa Tupper da Radio da Biblioteca, producido íntegramente polo alumnado.

Parabéns á gañadora! E ás persoas organizadoras!

E aos demais, aínda tendes tempo para enviar as vosas propostas para o concurso do segundo programa do Tupper:

Que nome lle daremos á nosa Radio da Biblioteca?

Para vos inspirar, mirade o novo apartado da web da Biblioteca, onde podedes ver o noso proxecto de mellora Plambe 'Linguas nas Ondas', facendo alusión ás ondas do mar de Arousa e ás ondas da difusión das linguas na radio. Un proxecto precioso que agardamos vos inspire na busca do nome.

Grazas a tod@s pola vosa impliación.

Distribuir contido