Lexislación
Normativa das Ensinanzas de idiomas de réxime especial
Consulte nesta ligazón a compilación de normativa que mantén a consellería competente en materia de educación.
Normativa autonómica aplicable para o curso 2023-2024
A normativa aplicable para o curso 2022-2023 é a RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2023, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para a preinscrición, admisión, matrícula e organización académica nas escolas oficiais de idiomas de Galicia no curso 2023/24.
- Anexo I: Accesos directos. Castelán e galego.
- Anexo II: Procedemento de preinscrición en liña.
- Anexo III: Procedemento de matrículación en liña.
- Anexo IV: Certificación da primeira lingua estranxeira cursada na ESO.
- Anexo V: Solicitude de adaptación de probas.
Caso de se apuntar a un nivel superior ao inicial, asegúrese de ter a titulación que lle da acceso a dito nivel (ver o Anexo da Orde do 21 de xuño de 2016 pola que se modifica a Orde de 18 de febreiro de 2011). Caso de optar por esta vía, accederá ao primeiro curso do nivel inmediatamente superior ao acreditado.
Se ten dúbidas, por favor, consulte coa secretaría do centro.
Información sobre homologación e/ou validación de títulos e estudos estranxeiros
A validación e homologación de titulacións corresponde, con carácter xeral, ao ministerio con competencias en materia de educación.
Visite a web do Ministerio de Educación y Formación Profesional: Homologación y convalidación de títulos y estudios extranjeros no universitarios
LEXISLACIÓN AUTONÓMICA
