Preinscrición
Preinscrición - comprobación da adxudicación de praza.
Esta información aplícase ás persoas que realizan preinscripción. A información que se proporciona é individual e está dipoñible una vez realizado o sorteo da adxudicación.
Empregue a seguinte ligazón: www.eoidigital.com/preinsxunta. Prema na opción "Identificación" e introduza os seus datos para acceder e comprobar se está admitido.
Caso de obter praza na adxudicación, siga as instrucións que se recollen neste enlace.
IMPORTANTE:
- Caso de non confirmar a súa matrícula e entregar a documentación nos prazos establecidos, a praza quedará vacante e poderá ser ofertada na quenda de matrícula inmediatamente posterior.
Curso 2023-2024: Preinscrición
Importante: a matrícula con preinscrición consta de catro pasos:
- rexistro da preinscrición
- comprobación da adxudicación,
- confirmación da praza, e
- entrega da documentación.
Asegúrese de completar todos os pasos para que a súa matrícula sexa válida.
- Prazo de preinscrición: do 26 de xuño ao 09 de xullo.
- Prazo de matrícula: do 11 ao 21 de xullo ás 12:00 do mediodía.
Teñen que preinscribirse as persoas que:
- realizan unha proba de clasificación, se desexan matricularse.
- contan con acceso directo a un curso determinado por posuír unha determinada certificación ou titulación (ver accesos directos).
- desexan incorporarse ao réxime presencial despois de superar as probas libres.
- proceden de traslado de matrícula doutra EOI.
- son antigo alumnado que non estivo matriculado no curso 2022-2023.
- renunciaron á matrícula ou lles foi anulada no curso 2022-2023.
NON teñen que facer preinscrición:
- O alumnado oficial matriculado no curso 2022-2023, aínda que se presentara ás probas libres do mesmo idioma.
- O alumnado de That's English! que desexe pasar a ensino presencial: debe contactar coa secretaría do centro para poder facilitarlle acceso á aplicación.
Para acceder á aplicación de preinscrición unificada para todas as Escolas Oficiais de Idiomas de Galicia prema na seguinte ligazón: www.eoidigital.com/preinsxunta Estará dispoñible unha vez abra o prazo.
A obtención de número para a adxudicación das prazas realizarase en acto público, o día 10 de xullo ás 10.00 horas, na EOI de Ferrol. O día 11 de xullo o alumnado poderá consultar na aplicación web se foi admitido. Unha vez publicadas as listaxes de admitidos o alumnado preinscrito deberá confirmar a matrícula en liña.
Preinscrición: confirmación de praza e entrega de documentación
Aquí recóllense o terceiro e o cuarto paso para formalizar a matrícula da praza que lle foi asignada na adxucación. Deberá entregar a documentación para que a matrícula sexa efectiva.
Reserva da praza e entrega da documentación:
O 10 de xullo, realízase a adxudicación de prazas. Deberá acceder á aplicación de preinscrición (www.eoidigital.com/preinsxunta) dende o día 11 de xullo ata o 21 de xullo ás 12:00 do mediodía:
- Caso de obter praza, terá unha nova ligazón "Confirmar matrícula" no seu formulario de preinscrición. Prema na ligazón para reservara praza concedida. A selección dun grupo, unha vez confirmada, non poderá ser modificada nin anulada. O sistema xerará un resgardo por duplicado onde se indica o idioma, curso e grupo seleccionado, así como o día e hora na que se grava a solicitude. A praza queda reservada, pendente de confirmación pola secretría do centro.
- Realice o pagamento das taxas. Pode consultar na seguinte ligazón a información para o pago das taxas correspondentes.
- Deberá cargar na aplicación ou presentar na secretaría do centro a documentación requirida. Segundo o caso: o resgardo da confirmación de matrícula, o resgardo de ter pagado as taxas ou a documentación complementaria que dá dereito a redución ou exención do seu importe, fotocopia do DNI (se é alumno novo), a documentación que lle da acceso ao nivel distinto de Básico 1, e unha fotografía tamaño carnet. Nese momento, o centro confirmará a matrícula.
- Respecte o prazo: o pagamento e a presentación da documentación na secretaría deberán efectuarse no prazo establecido. A falta de pagamento e/ou presentación de documentación no prazo implica automaticamente a anulación da praza.
Documentación que debe entregarse coa matrícula
Información importante relativa á matrícula:
- A posta en marcha do grupo elexido dependerá do número total de inscritos que o xustifique.
- As datas de celebración das probas de progreso e da convocatoria ordinaria poderán realizarse en día e horas diferentes aos horarios ordinarios das clases do curso no que se matricula. Na convocatoria extraordinaria poderán coincidir as probas de distintos idiomas na mesma data e hora.
- Perda do dereito á matrícula: a non incorporación sen xustificación debidamente razoada perante a dirección nos 15 días seguintes ao inicio do curso académico implicará a perda da condición de alumnado oficial e a escola disporá destas prazas para seren cubertas por outros aspirantes, sen que corresponda a devolución dos prezos públicos aboados.
