Matrícula - Alumnado Admitido na Preinscrición

 

CONFIRMACIÓN DA MATRÍCULA DESPOIS DE ASIGNADA UNHA PRAZA NA PREINSCRICIÓN:

  1. Caso de ser admitido, terá unha nova ligazón "Confirmar matrícula" no seu formulario de preinscrición. Prema na ligazón .
  2. A selección dun grupo, unha vez confirmada, non poderá ser modificada nin anulada. O sistema xerará un resgardo por duplicado onde se indica o idioma, curso e grupo seleccionado, así como o día e hora na que se grava a solicitude. A praza queda reservada, pendente de confirmación pola secretría do centro.
  3. Pode consultar nesta páxina a información das taxas correspondentes para que poida efectuar o pagamento.
  4. Unha vez realizado o pagamento, o alumnado deberá presentar na secretaría do centro o resgardo da confirmación de matrícula (por duplicado), a documentación que lle da acceso ao nivel distinto de Básico 1, o resgardo de ter pagado as taxas ou a documentación complementaria que dá dereito a redución ou exención do seu importe, fotocopia do DNI e dúas fotografías tamaño carnet. Nese momento, o centro confirmará a matrícula.
  5. O pagamento e a presentación da documentación na secretaría deberá efectuarse no prazo establecido. A falta de pagamento e/ou presentación de documentación no prazo implica automaticamente a anulación da praza.
  6. O alumnado novo deberá entregar unha copia do DNI ou NIE e dúas fotos na secretaría do centro dentro dos prazos establecidos.
  7. Unha vez iniciado o curso, o novo alumnado poderá recoller o carné da EOI co seu número de expediente.

ALUMNADO MENOR DE 16 ANOS

Ademais da documentación especificada no punto 4, deberán presentar orixinal ou fotocopia compulsada da documentación que acredite a primeira lingua estranxeira cursada no réxime ordinario no presente curso escolar: Anexo V da circular 3/2017.

ALUMNADO PROCEDENTE DOUTRAS ESCOLAS OFICIAIS DE IDIOMAS

Ademais da documentación especificada no punto 5, deberán presentar un certificado de estudos expedido pola EOI onde estivo ou estea matriculado.

OUTRA INFORMACIÓN DE INTERESE RELATIVA Á MATRÍCULA

- A posta en marcha do grupo elexido dependerá do número total de inscritos que o xustifique.
- As datas de celebración das probas parciais de febreiro e finais xuño poderán realizarse en día e horas diferentes aos horarios ordinarios das clases do curso no que se matricula.
- Perda do dereito á matrícula: a non incorporación sen xustificación debidamente razoada perante a dirección nos 15 días seguintes ao inicio do curso académico implicará a perda da condición de alumnado oficial e a escola disporá destas prazas para seren cubertas por outros aspirantes.