Información xeral
Información para o alumnado
En esta páxina publicamos toda a información de interés para o noso alumnado. Revise esta sección para a información relevante.
- O tupper da Radio da Biblioteca
- Gañadores/as do sorteo das cestas de Nadal
- Xogo de Nadal 2020 - EDLG
- Gañadores/as do I Concurso de Fotografía de Nadal
- Mamparas e máquina nebulizadora
- Concurso de Vídeos de cociña do Departamento de Francés
- Visita Carvalho (Calero)!
- Programa de voluntariado da Biblioteca 2020
- Actividades de Nadal
- A EOI de Vilagarcía EN NEGRO
- Clubs de lectura 2020-2021
- Documentos de funcionamento e organización do curso
- Xustificación da mobilidade para vir ao centro
- Renovación membros Consello Escolar - Curso 2020-2021
- I Concurso de microrrelato 'Linguas nas Redes' - premios
- Inicio das aulas: curso 2020-2021
Gañadores do Concurso "Estiven en Carvalho (Calero)!
Queremos agradecervos a todos a vosa participación nesta actividade do EDLG. Desfrutamos moitísimo cos vosos vídeos e... os gañadores do concurso "Estiven en Carvalho (Calero)! son...
Infografía resumo protocolos COVID-19
Infografía resumo covid19 de Vicedireccion EOIVGA
O tupper da Radio da Biblioteca
Temos un novo programa de emisións na radio da biblioteca da nosa EOI. ‘O tupper' - Programa de entrevistas e concursos da EOI de Vilagarcía
Para máis contido interesante, suscríbete ós nosos podcast en iVoox.
Terás o Tupper sempre dispoñible nesta ligazón |
![]() |
Gañadores/as do sorteo das cestas de Nadal
Presentamos ás persoas gañadoras do Sorteo das cestas de Nadal da Escola Oficial de Idiomas de Vilagarcía.
Se es gañador/a, consulta o teu correo, onde nos puxemos en contacto incluindo información sobre a entrega de premios. Parabéns!
Gañadores/as do I Concurso de Fotografía de Nadal
Presentamos as fotografías gañadoras do I Concurso de Fotografía de Nadal da Escola Oficial de Idiomas de Vilagarcía.
Se es gañador/a contacta o antes posible enviando un correo electrónico a eoi.vilagarcia@edu.xunta.gal, incluindo os datos solicitados para te informar sobre a entrega de premios. Parabéns!
Mamparas e máquina nebulizadora
Como seguramente xa víchedes na escola, temos instaladas as mamparas nos seguintes lugares de uso común:
- Salas de ordenadores: aula 20 e aula 27, o que permite que se poidan usar con seguridade ó máximo da súa capacidade.
- Mesas de agarda no hall baixo os paraugas, e no Obradoiro da biblioteca. Esta nova sala a atoparedes á vosa disposición para práctica de interacción oral con seguridade ó final do corredor sur, xusto ó lado da Secretaría.
- Na primeira foto, vedes a nova máquina nebulizadora, que se usará alomenos unha vez ó día nos espazos de uso común, e cada vez tralo seu uso nas aulas 20 e 27.
Lembrade tamén que cada vez que vos sentedes nestes espazos, debedes hixienizalos cos lenzos e o spray viricida que tendes á vosa disposición. E desbotade os lenzos nas papeleiras covid.
Por ti, por todos. Non nos relaxemos!
Concurso de Vídeos de cociña do Departamento de Francés
Aproveitade o inverno, as vacacións de Nadal e de Entroido para cociñar nas vosas casas e participar no concurso de vídeos de cociña do Departamento de Francés da EOI de Vilagarcía. O prazo remata o 1 de marzo do 2021. Consultade as bases debaixo do cartel. Animádevos a participar!
Bases I Concurso vídeos de cociña / Règlement I Concours de vidéos de cuisine
Visita Carvalho (Calero)!
Visita Carvalho (Calero)!
Carvalho non unha vila do oeste, é unha grande cidade case descoñecida. A súa importancia é tal que podería ben ser a capital das Letras Galegas.
Como moitas urbes desta dimensión, Carvalho ten un monumento que asombra o resto da cidade. En tempos, outro dos seus barrios era o máis frecuentado tanto polos propios habitantes como polos visitantes da cidade. Na actualidade perdeu un pouco do vigor antigo.
No entanto, o interese de Carvalho non acaba aí. Como toda a grande cidade, unha das súas avenidas centrais é ocupada por pequenos teatros. Non lonxe dalí fica o Barrio da Ficción, dono de algúns espazos singulares.
Deixamos para o fin as zonas máis interesantes para o viaxante que dispón de pouco tempo. En primeiro lugar, o Barrio da Poesía, que permite paseos breves e amenos en rúas con estilos diferenciados. Completa o círculo a zona dedicada á investigación, especialmente lingüística e literaria, espallada por moitos artigos breves que convidan a pensar sobre a lingua.
