Novas e actividades

Presentación do libro Firegarden/Jardín-de-fuego de Gail Langstroth

 Presentación do libro Firegarden/Jardín-de-fuego de Gail Langstroth

Tras varios intentos, pandemia por medio, onte por fin puidemos gozar da presencia de Gail Langstroth, poetisa trilingüe e euritmista, para presentar na EOI de Vilagarcía o seu libro firegarden/Jardín-de-fuego. 

A súa actuación mesturou o amor de Gail polas linguas, polo movemento e pola poesía, achegando a súa arte ao alumnado e profesorado da Escola, que quedou cautivado pola súa representación. 

Encontros agardados tras moitos anos de correos electrónicos, e tamén reencontros inesperados entre o público!, firma de libros e flores, puxeron tamén de si para que a xornada fora moi especial. 

Na Biblioteca da EOI de Vilagarcía quedaron cinco exemplares do libro de poesía bilingüe para o voso desfrute. 

 

 

Kulinarische Weltreise

Kulinarische Weltreise

Participa nesta actividade culinaria, que se celebra no espazo gastronómico da Praza de Abastos en colaboración co Concello de Vilagarcía de Arousa. Inscríbete na data e hora que máis che conveña aquí. Haberá premios para os gañadores e cata. Planazo! Non perdas a ocasión de mostrar as túas dotes culinarias!

Stammtisch Deutsch

Encontros informais na Cafetería polo pracer de falar en alemán. Os luns e mércores alternos de 19.30-20.30Uhr unha vez á semana até finais do curso. Anímate e participa do noso Stammtisch!

Stammtisch

Sport ist Leben!

Novas datas!! vom 20. bis 24. März. Am Montag, Mittwoch und Donnerstag 19.15Uhr

Despois da época de exames, chegou o momento de recuperarnos en corpo e alma. Anímate e participa na actividade Sport ist Leben!

 

Oktoberfest 2022

 

 Jaaa! Das ultimative #Oktoberfest der @eoivilagarcia ist wieder da!! Ihr seid alle herzlich eingeladen! #deutsch #lernen #aktiv #aEOIesTi #dieEOIbistDu @deutsch_eoivga

O único departamento que comeza o curso cunha festa ou mellor digo, coa festa alemana por excelencia.

Matrícúlate e aprende#alemán con nós!! #omelloralumnado

Kulinarische Weltreise

 O departamento de alemán convida a unha viaxe culinaria o vindeiro venres, 20 de maio, no xardín do centro, xunto á cafetería, onde aprenderemos a elaborar e degustaremos uhna variedade de especialidades de diferentes países. Gústache cociñar e comer? Anímate a participar e inscríbete no seguinte formulario online até o 17 de maio.

Sport ist Leben

Con motivo do Día Mundial da Saúde, 7 de abril, o Departamento de Alemán @DEoivga, propón unha semana de deporte con monitores alemáns no xardin do centro. Anímate a participar!

Sport ist Leben

 

Distribuir contido