Probas de certificación: Preguntas frecuentes. Curso 2023-2024

1 – Que teño que facer para realizar a/s proba/s de certificación?

  • Inscrición:
  • Na aplicación do 2 ao 20 de outubro ás 12:00h (do mediodía).
  • A adxudicación de prazas: Para o B2 e C1 de galego e inglés poderá consultarse o 24 de outubro.
  • Matrícula:
  • Para o B2 e C1 de galego e inglés: Se a praza adxudicada lle interesa, debe realizar o pagamento e subir a documentación a través da aplicación do 24 ao 31 de outubro ás 12.00.
  • Para o resto de niveis e idiomas: Matricúlese, realize o pagamento e suba a documentación xa cando entre na aplicación do 2 ou 20 de outubro, sen esperar a ningunha adxudicación.

2 – Onde podo recoller os impresos de matrícula?
Non precisa impreso para a matrícula: realízase en liña. Realice o pago en liña, ou alternativamente, pode recoller na conserxería da EOI un impreso para o pago das taxas nunha entidade bancaria.

3 – Onde teño que entregar a documentación para formalizar a matrícula?

A documentación presentarase desde a ligazón https://www.eoidigital.com/eoixuntalibre/alumnos/

En caso de dificultades para a presentación por vía telemática, a documentación poderase presentar na secretaría do centro en horario de atención ao público. A matrícula non é válida ata que se entrega toda a documentación.

4 – Quen se pode inscribir na EOI de Vilagarcía de Arousa para realizar unha proba de certificación?

  •  Alumnado libre
    • Poden matricularse nas probas de certificación calquera interesado/a a partires dos 16 anos, ou que fagan os 16 antes do 31 de decembro de 2024.
    • Poden matricularse nas probas de certificación aquelas persoas que teñan feitos 14 anos ou que os fagan antes do 31 de decembro de 2024 naquel idiomas que NON estea cursando como primeira lingua estranxeira nas ensinanzas ordinarias (secundaria, bacharelato, etc.).
  • Alumnado oficial matriculado na EOI de Vilagarcía neste curso 2023-2024 que no curso actual non estea matriculado no mesmo idioma e nivel.

5 – Quen NON se pode matricular?

  1. Certo alumnado procedente doutras EEOOII. Véxase punto 7.
  2. Os membros dos grupos de redacción que participen na elaboración ou nos procesos de configuración final das probas de certificación.
  3. O profesorado e persoal non docente da EOI de Vilagarcía de Arousa no curso 2023-2024.

6 – Que probas de certificación podo realizar na EOI de Vilagarcía no 2024?
No curso actual poderás realizar as seguintes probas:

  • Alemán: A2, B1, B2.
  • Francés: A2, B1, B2, C1.
  • Galego: A2, B1, B2, C1.
  • Inglés: A2, B1, B2, C1.
  • Italiano: A2, B1, B2, C1
  • Portugués: A2, B1, B2, C1

7 – Podo inscribirme na EOI de Vilagarcía por libre se son alumno/a oficial/libre xa matriculado/a noutra EOI?
Un/ha alumno/a oficial nunha escola oficial de idiomas NON pode matricularse por libre noutra escola se o seu propio centro ofrece o idioma e nivel da proba de certificación á que desexa presentarse.
En caso de dúbida, se procede doutra escola e quere matricularse por libre na EOI de Vilagarcía, consulte na secretaría ANTES de pagar as taxas correspondentes.

8 – Pódese solicitar unha adaptación das probas?
Si. O alumnado con diversidade funcional que precise unha adaptación das probas debe encher e presentar este documento xunto co resto da documentación de matrícula.

9 – Se xa son alumno/a oficial da escola e estou cursando calquera deste niveis: básico A2, intermedio  B1 ou B2 ou avanzado C1 ou C2, teño que matricularme para realizar a proba de certificación?
Non. O alumnado oficial que estea matriculado en básico A2, intermedio B1 ou B2, avanzado C1 ou C2  nos grupos/idiomas  impartidos nesta EOI non terán que facer os trámites ao xa ter dereito á proba pola súa matrícula no curso 2023-2024.

10 – Se son alumno/a do programa “That’s English!” teño que matricularme para realizar a proba de certificación?

Se estás matriculado nun curso de certificación, non precisas matricularte. Podes matricularte para obter outra certificación.

11 – En cantas probas de certificación me podo matricular?
O/A candidato/a poderase matricular en calquera nivel das probas de certificación, xa que non é requisito indispensable ter o/s certificado/s anterior/es. Ademais, pode matricularse en cantas probas queira do mesmo idioma.

A certificación do nivel avanzado C2 de inglés non se pode realizar polo réxime libre este curso 2023-2024. Só os alumnos oficiais e os matriculados nos cursos de formación de profesorado de preparación das probas de certificación das EE.OO.II.

12 – Que preciso para realizar a matrícula?
Vexa a información en  Formalizar matrícula libre.

13 – Canto teño que pagar por inscribirme?
Vexa a información en Taxas.

14 – A matrícula libre na proba de certificación dame dereito a asistir a clases até o momento do exame?
Non. Só as persoas matriculadas pola quenda oficial poden asistir ás aulas da/s materia/s na que están matriculadas

15 – Como é a avaliación, estrutura, contido, e organización deste tipo de exames?
Consulte a “Guía do candidato” correspondente ao nivel no que se estea a inscribir en na ligazón correspondente que aparece na Instrucción 11/2023
Asimesmo, é recomendable consultar a Orde do 8 de setembro de 2008 pola que se regula a avaliación e cualificación do alumnado.

16 - Cantas convocatorias hai?
No curso 2023-2024 haberá só unha convocatoria para as persoas candidatas que se presentan pola quenda libre.

16 – Cando son as datas dos exames?

Consulte aquí o calendario das probas de certificación por libre.

As persoas candidatas deben ter en conta que as datas (día e hora) das probas escritas son únicas para todas as EEOOII de Galicia.

17 – Se supero unha proba de certificación sen ter realizado a/s proba/s de certificación dos niveis inferiores, obterei automaticamente os certificados dos niveis inferiores?
NON. Só se pode obter os certificados de cada nivel SUPERANDO a proba de certificación correspondente.

18. - Que normativa regula as probas de certificación?
Instrución 11/2023