Que é iso de Koha?

 

 Víchedes unha nova icona na marxe superior dereita da nosa web?

 Que é iso de Koha?

 A nosa biblioteca, xunto con outras bibliotecas PLAMBE (plan de mellora das bibliotecas escolares) sumouse á implantación do sistema de xestión Koha, baseado en software libre e cunha xestión dos espazos e recursos máis libre e  flexible. Trátase dun proxecto nas primeiras fases de execución para bibliotecas escolares dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta, apoiado pola AMTEGA. +info. en Xercode

 Nas seguintes seccións, indicámosvos onde podedes atopar videotitoriais e outras ferramentas de axuda para ensinarvos o funcionamento da nosa Biblioteca de agora en adiante.

 

 

No curso en aberto As TIC para alumnado da EOI Vilagarcía, tendes, entre outras, unha sección adicada ao novo sistema da Biblioteca da EOI.

Aquí se vos indica como facer unha busca no catálogo para saber se na EOI de Vilagarcía se atopa ese fondo en concreto. De non atopalo, podedes facer as vosas achegas de compras aquí: https://forms.gle/aJtxzdyQ3oded7XW7

 

AdxuntoTamaño
Captura.PNG37.87 KB