Curso 2019-2020: Preinscrición

Teñen que preinscribirse as persoas:

  • procedente das probas de clasificación.
  • con acceso directo a un curso determinado por posuír unha determinada certificación ou titulación (ver accesos directos).
  • que se incorporan ao réxime presencial despois de superar as probas libres.
  • procedentes de traslado de matrícula doutras EOI.
  • antigo alumnado que non estivo matriculado no curso 2018-2019.
  • que renunciaron á matrícula ou lles foi anulada no curso 2018-2019.

NON ten que facer preinscrición o alumnado oficial matriculado no curso 2018-2019, aínda que se presentara ás probas libres do mesmo idioma. O alumnado de That's English! ten a consideración de o alumnado oficial. Debe contactar coa secretaría do centro para poder facilitarle acceso á aplicación.

Tamén pode consultar a normativa: Anexo II da Circular 3/2019- Procedemento de preinscrición en liña.

Acceso á aplicación de preinscrición unificada para todas as Escolas Oficiais de Idiomas de Galicia: www.eoidigital.com/preinsxunta

Unha vez publicadas as listaxes de admitidos o alumnado preinscrito deberá confirmar a matrícula en liña.