Prazos de matrícula Curso 2020-2021.

OUTUBRO  

Dende o 30 de outubro: (En prazo)

  • Persoas non matriculadas en prazos anteriores.
  • Persoas de novo acceso.
  • Ata completar prazas, por orde de entrega de documentación.
  • Recollida de documentación na conserxería dende o día 30 de outubro.
  • Entrega de documentación exclusivamente na secretaria dende o día 3 de novembro (vexa o horario).

Información sobre prazos anteriores:

XULLO:  (Prazo esgotado)

Ata o 10 ás 23.59:

  • A través de CentrosNET: Alumnado oficial de cursos de promoción APTO na convocatoria de xuño de 2020 ou que renunciase á promoción ou á matrícula.
  • Inclúese o alumnado de "That's English!" apto en xuño de 2020 que queira pasar ao ensino presencial no curso 2020-2021 (estes últimos deben contactar coa secretaría da escola previamente).
  • A documentación pode presentarse en CentrosNet, ou enviarse por correo electrónico ou entregarse no centro, con cita previa.

SETEMBRO: (Prazo esgotado)

Dende o 1 ao 14 ás 12.00:

  • A través de CentrosNET: Alumnado oficial de cursos de promoción APTO na convocatoria de xuño de 2020 ou que renunciase á promoción ou á matrícula.
  • Inclúese o alumnado de "That's English!" apto en xuño de 2020 que queira pasar ao ensino presencial no curso 2020-2021 (estes últimos deben contactar coa secretaría da escola previamente).

Dende o 22 ao 30 ás 12.00:

  • A través de CentrosNet: Alumnado oficial de certificación apto na convocatoria ordinaria de setembro.
  • Alumnado de curso de promoción apto, non apto e non presentado na convocatoria extraordinaria de setembro.

OUTUBRO: (Prazo esgotado)

Dende o día 13 ás 18.00 ata o día 16 ás 12.00:

  • A través de CentrosNet: Alumnado oficial de certificación apto, non apto e non presentado na convocatoria extraordinaria.

Dende o día 22 ao día 27 (Prazo esgotado):

  • Alumnado oficial do curso 2019-2020 que non puido matricularse nos prazos anteriores.
  • Recolla a documentación na conserxería do centro de 9:00 a 21:00. Presencial.
  • Entrega de documentación completada na secretaría de 9:00 a 14:00.

Dende o día 21 ás 00.00 ata o día 30 ás 12.00 (Prazo esgotado):

  • Alumnado da preinscrición con praza adxudicada no sorteo do 20 de outubro. + info
  • Pode enviarnos toda a documentación por por correo electrónico. Confirmaremos a recepción.
  • A matrícula só se confirma se envía toda a documentación. Rematado o prazo, se non completou o trámite, anúlase a reserva.