Cambios de grupo - Prazo de solicitudes - Curso 2020-2021

Quen e como:

  • As persoas matriculadas que estén interesadas en solicitar o cambio de grupo poderán facelo dende o seu perfil de CentrosNet.
  • Cada persoa poderá formular un máximo de 2 peticións por cada idioma no que esté matrícula.
  • Só se pode pedir cambio de hora. Non é posible solicitar cambio de nivel ou de idioma.

Cando se pode solicitar:

Haberá distintos períodos para solicitar cambios de grupo.

  • Solicitudes online, unha vez rematados os prazos de matrícula: dende o 6 de novembro ás 18:00 ata o día 9 ás 10:00.
  • Posteriormente, durante o curso, pode entregar unha solicitude de cambio na secretaría.

Resolución das solicitudes:

  • As solicitudes online son atendidas inmediatamente, por orde de petición, na medida que existen vacantes no grupo ao que se desexa acceder.
  • De non haber vacante no momento da solicitude, quedará en espera por se xurdira unha vacante máis adiante e sempre dentro do mesmo período.
  • Recibirá unha mensaxe por correo electrónico confirmándolle a concesión do cambio.
  • As solicitudes á xefatura de estudos, atenderase cada caso individualmente en función da dispoñibilidade de prazas.

Entrada en vigor do cambio:

  • O cambio é efectivo ao recibir a mensaxe de confirmación.
  • Pode asistir ás aulas do novo grupo tan pronto ten a confirmación do cambio.