Taboleiro de anuncios

BOLSAS PARA ESTUDOS NON UNIVERSITARIOS

Pide axuda económica para estudar nas EOIs. Prazo aberto ata o 1 de outubro.

CURSO 19-20: MATRICÚLATE!

Queres seguir a estudar na nosa Escola? Consulta a información premendo nas ligazóns e non perdas a túa praza.

- Preinscrición curso 19-20: do 2 ao 16 de setembro

- Matrícula curso 19-20: do 2 ao 27 de setembro (Consulta os distintos prazos aquí)

 

CURSO 2020-21: MATRICÚLATE!

Queres estudar un idioma na nosa Escola? Velaquí tes toda a información necesaria para reservar a túa praza para o curso 2020/21.

Lembra que por seguridade cómpre realizar os trámites relativos á matrícula de xeito telemático enviando a documentación requirida ao enderezo matricula.eoipontevedra@gmail.com. De non poder facelo, podes pedir cita previa na nosa web.

Teléfonos de atención: 886 159 116 e 886 159 119 de 9.00 a 13.30 horas.

HORARIO DURANTE AS VACACIÓNS DE PASCUA

Informamos a toda a comunidade educativa de que a Escola permacecerá aberta en horario reducido (de 10.00 a 13.00  horas) os días 15,16 17 e 22 de abril. O centro estará pechado o xoves 18 de abril e venres 19 de abril. A actividade lectiva retómase o vindeiro 23 de abril.

PROBAS CERTIFICACIÓN XUÑO 2019

CALENDARIO

Premendo na bandeira do idioma correspondente poderás consultar as datas das probas ESCRITAS e ORAIS de CERTIFICACIÓN que terán lugar durante o mes de XUÑO de 2019.

As datas das probas son INAMOVIBLES. No caso de idiomas que oferten máis dunha data para as probas orais o alumnado NON pode elixir. IMPORTANTE: Consulta os chamamentos para as probas orais que publicarán os departamentos na pestana superior da páxina para saber cando che corresponde realizar a proba oral.

O alumnado deberá presentarse no salón de actos da escola polo menos 10 minutos antes da realización das probas en espera do seu chamamento e da asignación da aula correspondente.

 
CONVOCATORIAS
  • Alumnado oficial matriculado no presente curso académico: ten dereito ás convocatorias de xuño e setembro.
  • Alumnado libre: ten dereito á convocatoria de xuño.
  • Alumnado CALC: ten dereito ás convocatorias de xuño e setembro.
  • Alumnado CUALE: ten dereito ás convocatorias de xuño e setembro.
  • Alumnado cursos preparatorios certificación: ten dereito ás convocatorias de xuño e setembro.
  • Alumnado con probas de certificación pendentes do plan antigo: ten dereito ás convocatorias de xuño e setembro.

DOCUMENTACIÓN

Podes tamén consultar modelos de exames que facilitan as diferentes comunidades autónomas, a título orientativo, por idioma e nivel no seguinte mapa:

IMOS DE TRÍATLON

Queres ver como o alumnado da Escola colabora co Campionato mundial de Tríatlon- Pontevedra 2019? Bota unha ollada aos pósters e slogans deseñados por eles mesmos.

 

MATRÍCULA LIBRE 2020/2021

A matrícula realizarase en liña do 10 ao 26 de marzo, ambos incluídos a través da ligazón: https://www.informaticacentros.com/xunta que permanecerá aberta ata ás 12.00 do mediodía do 26 de marzo.

O alumnado enviará a documentación requirida por vía electrónica ao enderezo electrónico matricula.eoipontevedra@gmail.com en formato imprimible (pdf.)

Documentación requirida:

    • Impreso de matrícula xerado pola aplicación web.
    • Resgardo de aboamento dos prezos públicos: pode xeralo aquí premendo no Modelo A1 ao final da páxina. Consulte as taxas e códigos. O alumnado CALC só terá que aboar a apertura de expediente se se matricula por primeira vez. O alumnado CUALE está exento de calquera taxa.
    • Fotocopia do DNI ou no caso de ser estranxeiro o NIE ou pasaporte.
    • Menores de 16 anos a 31 de decembro de 2021certificado do instituto no que conste cal é a primeira lingua estranxeira cursada no presente curso.
    • Alumnado CALC: certificado do CFR no que conste que cumpre o requisito de asistencia. Atención! só se poderá matricular no nivel correspondente ao curso CALC ao que asiste.
    • Alumnado con diversidade funcional:documentación acreditativa e, se solicitara adaptación de exames, cubrir este formulario.

DATAS DAS PROBAS

Consulta as horas e datas das probas escritas de certificación nos distintos idiomas. As datas das probas orais serán fixadas, cando menos, cunha semana de antelación con respecto á realización da proba.

MENORES

  • Poderán matricularse do idioma que estudan como primeira lingua estranxeira na ESO/Bacharelato se teñen 16 anos ou os cumprirán antes do 31 de decembro de 2021.
  • Poderán matricularse dunha lingua distinta á estudada na ESO se teñen 14 anos ou os cumprirán antes do 31 de decembro de 2021.

ACCESO ÁS PROBAS

  • Pódese matricular por libre de calquera nivel sen ter o certificado do nivel anterior.
  • Non se poderá matricular por oficial e por libre do mesmo nivel e curso no mesmo ano académico.
  • Se realizou estudos noutra escola e se vai matricular por libre na EOI de Pontevedra, debe indicalo na súa solicitude para tramitar o traslado de expediente pertinente.
  • Se supera a proba do nivel básico/intermedio/avanzado poderá acceder ao nivel seguinte como alumno oficial seguindo o procedemento de matrícula establecido.
  • Se é alumno oficial desta Escola e desexa presentarse por libre a algunha proba deberá facelo nesta, agás no caso de que o idioma do que desexe matricularse non se imparta nela. Nese caso, poderá matricularse, excepcionalmente, noutra escola.
  • O alumnado procedente dos cursos CALC que desexe certificar o nivel que estea a cursar deberá tamén formalizar a matrícula, indicando na aplicación web o idioma e o nivel do curso CALC que estea a realizar. Este alumnado terá carácter presencial, polo que terá acceso ás dúas convocatorias: ordinaria e extraordinaria.

DOCUMENTACIÓN IMPORTANTE

LEA ATENTAMENTE A GUÍA INFORMATIVA PARA O NIVEL CORRESPONDENTE

PRESENTACIÓN DO ÚLTIMO LIBRO DE PAULA MORAIS

O departamento de portugués convídate a asistir á presentación do libro de Paula Morais "Portugal sob a égide da ditadura" o vindeiro 26 de maio ás 18.00 horas. 

CONCERTO DE NOTA BENE

Únete ao noso departamento de Portugués o vindeiro luns 25 de abril ás 19.30 horas para celebrarmos a revolución dos craveis coa música de Nota Bene.

EXPOSICIÓN DAS OBRAS DE CERVANTES E SHAKESPEARE

Este ano celebramos o día do libro o vindeiro 23 de abril conmemorando o 400 aniversario do falecemento de Miguel de Cervantes e William Shakespeare. Ven á nosa biblioteca e visita a exposición de obras destes dous xenios da literatura.

Distribuir contido