Galego

CHAMAMENTOS ESCRITOS - PROBAS LIBRES

Prema nas seguintes ligazóns para consultar os días, horas e aulas nas que se administrarán as probas escritas correspondentes á modalidade libre.

CHAMAMENTOS ORAIS - PROBAS LIBRES

Consulte nas seguintes ligazóns os chamamentos das probas orais correspondentes á modalidade libre:

CURSOS CELGA E DE LINGUAXE ADMINISTRATIVA

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade convoca con carácter gratuito os cursos de linguaxe administrativa (LAG) en liña e os cursos preparatorios para os certificados de lingua galega (CELGA).
 

As clases dos cursos CELGA correspondentes ao segundo cuadrimestre comezarán a partir do 27 de febreiro:

  • Celga 2: 27 de febreiro
  • Celga 3: 28 de febreiro
  • Celga 4 (de mañá): 27 de febreiro
  • Celga 4 (da tarde): 28 de febreiro

Consulta os horarios dos cursos e os detalles do procedemento de matrícula nesta ligazón.

 

GUSTARÍACHE FALAR EN GALEGO, PERO PENSAS QUE NON SABES?

Se naciches en Galicia ou xa levas anos vivindo aquí, pero aínda non falas en galego porque pensas que non sabes, non te preocupes. Fai esta proba e verás que non che vai ser tan difícil como cres: "Gustaríache falar en galego..."

COMPROBA O TEU NIVEL DE GALEGO

Queres comprobar dunha forma rápida como andas de nivel de galego? Pois indica cal é a palabra galega que equivale a cada unha das seguintes:  

vertido ………………… ________________________

suministro ………….. ________________________

inconveniente ……. ________________________

marejada ……………. ________________________

zona urbana ………. ________________________

judías verdes …….. _________________________

cortafuegos ………. _________________________

tacita de café ……. _________________________

mi lavavajillas …… _________________________

cookies …………….. _________________________

 

Agora preme aquí para ver as palabras galegas.

Distribuir contido