Se queres estudar inglés na EOI na Estrada, tes ata o 13 de novembro para apuntarte.
Escribe a vacantes.eoiestrada@gmail.com para máis información.
A partir do luns 3 de novembro, reiniciamos as aulas de inglés na Sección da Estrada.
Neste cartaz, poderedes consultar o día que empezarán as vosas clases.
Lembrade: se non tedes clase o día sinalado, o comezo será o seguinte día de clase segundo o voso horario.
Para dúbidas: aestrada.eoipontevedra@gmail.com
Queres estudar inglés na EOI na Estrada? Aquí tes toda a información necesaria para reservar a túa praza para o curso 2020/21.
Lembra que por seguridade cómpre realizar os trámites relativos á matrícula dexeito telemático enviando a documentación requiridaao enderezo aestrada.eoipontevedra@gmail.com.
Lembrade que a Sección da Estrada ofrece un servizo de cita previa para cuestións administrativas urxentes que teñan que ser resoltas no centro e non poidan tramitarse telematicamente.
Para a atención telemática ou para pedir cita previa, hai que escribir a este enderezo:
Moitas grazas,
Xefatura de Estudos Adxunto
Aquí tedes un traballo que fixo o alumnado de B2.1 e C1.2 durante a corentena.
Agardamos que estas recietas alixeiras os días de confinamento! Se queredes probar algunha, animádevos a subir as vosas fotos á nosa páxina de Facebook.
Queres practicar inglés pola túa conta? Non sabes onde buscar exercicios para practicar vocabulario ou gramática? Queres reforzar o teu dominio das destrezas de listening, reading, writing e speaking? Lembra que tes acceso a unha ampla variedade de recursos no enlace de autoaprendizaxe da EOI Pontevedra.