PROBA DE CLASIFICACIÓN 2022

PRAZO DE MATRÍCULA: Para o curso 2022-23, o prazo de matrícula será do 18 maio ao 7 xuño. 

DATAS DE REALIZACIÓN DAS PROBAS: Prema na ligazón para consultar as datas e horas das probas que terán lugar no mes de xuño. Unha vez publicados os resultados o día 17 de xuño ás 13.00, o alumnado deberá preinscribirse nos prazos establecidos.

DESCRIPCIÓN DA PROBA:

A proba de clasificación ten carácter voluntario e serve para ubicar ás persoas que a realizan no curso que lles corresponde segundo os coñecementos demostrados.  Prema aquí para consultar os detalles e condicións xerais da proba.

QUEN SE PODE MATRICULAR: 

  • As persoas que desexen acceder por primeira vez ás ensinanzas de idiomas na modalidade presencial. 
  • Requisito de idade: ter 16 anos cumpridos se o idioma do que se examina é o mesmo que o cursado na ESO ou 14 se é un idioma diferente (ou ben cumprilos antes do 31 de decembro de 2022)
  • As persoas que non estiveran matriculadas en réxime oficial nos dous cursos anteriores ao actual.

DOCUMENTACIÓN:

  • Solicitude: descargar e imprimir o formulario que se presenta en formato editable para cubrir en liña.
  • Taxas: Consulte as instruccións de pagamento telemático. Tamén pode realizar o pagamento nunha entidade bancaria descargando o modelo A1 (Ligazóns asociadas- Modelo A1- Iniciar taxa- cadeado azul- Descargar modelo).

PRESENTACIÓN:

As persoas interesadas deberán enviar o impreso cuberto, o resgardo de pagamento das taxas e unha copia do DNI no enderezo matricula.eoipontevedra@gmail.com.

  • Teléfonos de atención:886 159 116 e 886 159 119

VIXENCIA:

Os resultados da proba terán unha validez de dous cursos académicos en calquera das Escolas Oficiais de Idiomas de Galicia.