Axúdanos a mellorar o noso servizo completando o formulario antes do 3 de xuño . A túa opinión conta! Preme na ligazón para acceder á enquisa.
Sabías que a EOI de Pontevedra participa nun consorcio KA-104 con outras EOIs galegas? Begoña Suárez cóntounos todo o aprendido durante a mobilidade a Florencia para realizar o curso "Pedagogos dixitais" ao abeiro do Proxecto Europeo SBLENDID.
A EOI de Pontevedra, en colaboración co Concello de Pontevedra, convoca o XII Certame de Microrrelato. Será o vindeiro martes, 26 de abril.
Non é preciso ser estudante da Escola para poder participar. Está aberto a todos e esperamos gozar das vosas habilidades literarias, xa que teredes que compoñer o voso relato a partir de 3 palabras que coñeceredes no momento. Este ano, a elección das palabras correrá a cargo de deportistas galegos.
Repartiranse máis de 450 € en premios. Consulta as bases.
Quedaches con gana de escribir máis poemas?
O Departamento de alemán tenche preparado un concurso para que poidas dar renda ás túas dotes de escritor/a coa primavera como temática.
O prazo para presentar os poemas é do 19 ao 25 de abril. Consulta as bases e os premios!
O noso recuncho da poesía xa comeza a encherse de poemas. Grazas polas vosas achegas!
Como cada ano pedimos a vosa colaboración para completar a enquisa sobre o funcionamento da Escola. Animamos ao alumnado a que aproveite a ocasión para achegar as vosas suxestións e propostas de mellora. O formulario estará aberto ata o vindeiro 22 de marzo.
O Departamento de francés convídate a unha conferencia sobre os países francófonos o mércores 16 de marzo en dúas quendas: de 11.00-12.00 horas e de 17.30-18.30 horas. Consulta co teu profesor/a os detalles do evento.
Un dos persoeiros favoritos da Simone Negrin, volve visitarnos o vindeiro 14 de marzo. No perdas esta oportunidade de mergullarte na linguaxe xestual italiana
Queres mellorar a túa competencia oral? Apuntate ao club de conversa de italiano. Infórmate co teu profesorado ou contacta co Departamento.