Actividades culturais

CONCURSO DE POESÍA

Quedaches con gana de escribir máis poemas?

O Departamento de alemán tenche preparado un concurso para que poidas dar renda ás túas dotes de escritor/a coa primavera como temática.

O prazo para presentar os poemas é do 19 ao 25 de abril. Consulta as bases e os premios!

SEMANA DA POESÍA

O noso recuncho da poesía xa comeza a encherse de poemas. Grazas polas vosas achegas!

ENQUISA SOBRE O FUNCIONAMENTO DA ESCOLA

Como cada ano pedimos a vosa colaboración para completar a enquisa sobre o funcionamento da Escola. Animamos ao alumnado a que aproveite a ocasión para achegar as vosas suxestións e propostas de mellora. O formulario estará aberto ata o vindeiro 22 de marzo.

JOURNÉE INTERNATIONALE DE LA FRANCOPHONIE

O Departamento de francés convídate a unha conferencia sobre os países francófonos o mércores 16 de marzo en dúas quendas: de 11.00-12.00 horas e de 17.30-18.30 horas. Consulta co teu profesor/a os detalles do evento. 

I 100 GESTI DELLA LINGUA ITALIANA

Un dos persoeiros favoritos da Simone Negrin, volve visitarnos o vindeiro 14 de marzo. No perdas esta oportunidade de mergullarte na linguaxe xestual italiana

CLUB DE CONVERSA EN ITALIANO

Queres mellorar a túa competencia oral? Apuntate ao club de conversa de italiano. Infórmate co teu profesorado ou contacta co Departamento.

A PAZ É O CAMIÑO

VISITA GUIADA AO MUSEO

Queres descubrir a Sala Castelao da man dun guía moi especial? A Escola convídate a unha visita o vindeiro 3 de marzo ás 18.00 horas a cargo dun guía moi especial: Maximino, cantor dos camiños, interpretado por Carlos Yus. Reserva a túa praza enviando un correo ao enderezo edlg.eoipontevedra@gmail.com antes do 28 de febreiro! Máis información.

CLUB DE LECTURA EN ALEMÁN

O Departamento de alemán convídate a participar no seu club de lectura. Consulta os días e horas e contacta coa persoa organizadora!

GAÑADORAS: CONCURSO FOTOGRAFÍA

  • Primeiro premio: Libertad González Mena por "Grazas Ría".
  • Segundo premio: María del Carmen Gago Florenti por "Abbandono".
Distribuir contido