Actividades culturais

TODO O CASTELAO DO MUSEO A UN SÓ CLIC

A “Guía da Sala Castelao” do Museo de Pontevedra, elaborada polo alumnado de Galego da EOI de Pontevedra, acaba de ser actualizada con máis de 360 ligazóns de imaxes e fotografías que permiten ver as obras comentadas. Anímate a consultala! https://guiacastelao.home.blog/

RECURSOS DE AUTOAPRENDIZAXE

Aproveita este tempo na casa para practicar a túa lingua de estudo. Nesta sección de AUTOAPRENDIZAXE podes atopar páxinas e recursos escolmados polos distintos departamentos. 

A EOI DE PONTEVEDRA NO FINANCIAL TIMES

O Financial Times escolle Pontevedra como modelo de cidade con baixo nivel de polución. O alumnado da Escola foi entrevistado polo xornalista Peter Wise para explicar as vantaxes de vivir nunha cidade peonil. Escoita o podcast.

 

XI CERTAME MICRORRELATO EOI PONTEVEDRA

SUSPENDIDO ATA NOVO AVISO

O EDLG da EOI en colaboración coa Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra organiza o XI Certame de Microrrelato en galego EOI de Pontevedra. Nesta edición vimos cargados de novidades: A escritora Ledicia Costas, a xornalista Susana Pedreira e o poeta e contador de historias Lois Pérez colaboran connosco propoñendo unha palabra que deberedes incluír nos vosos relatos. Consulta aquí toda a información sobre esta edición e participa o vindeiro 26 de marzo ás 19.30. Pon a proba as túas destrezas literarias!

VISITA GUIADA POLA SALA CASTELAO

SUSPENDIDA ATA NOVO AVISO

Apetéceche unha visita guiada pola Sala Castelao? Temos un xogo de preguntas preparado para ti. Bótalle unha ollada á presentación para ver se es quen de responder as preguntas. Anímate a participar!

A ESCOLA PARTICIPA NO SALÓN DO LIBRO

O profesorado do Departamento de Italiano convídavos a participar nun obradoiro de máscaras para xente cativa o vindeiro martes 10 de marzo ás 17.15 no salón do libro de Pontevedra.

STORIE DI VITA, RACCONTI DI SPORT

Non perdas a oportunidade de escoitar unha vez máis as historias de Simone Negrin o vindeiro 5 de marzo no salón de actos. Actividade organizada polo Departamento de Italiano.

OBRADOIROS EN ALEMÁN: PARTICIPA!

SUSPENDIDOS ATA NOVO AVISO

O departamento de alemán ofrece obradoiros de expresión e comprensión oral e de intercambio cultural. Consulta as datas e horas e non perdas as túa praza. Profesor nativo e de balde por ser alumnado da EOI! Participa!

 



INTERCAMBIO CULTURAL: A DUTCH IN IRELAND

Non perdas a vindeira charla que ofrece o departamento de inglés ao abeiro do noso proxecto de INTERCULTURALIDADE: venres 28 febreiro ás 10.30. Agardámoste!

XUNTAZAS DELEGAD@S: ANÁLISE RESULTADOS

Velaquí os resultados das impresións que compartimos cos representantes do alumnado nas xuntazas da pasada semana. Graciñas a todos e todas os que tendes participado. A vosa opinión conta!

Distribuir contido