Actividades culturais

VIDEO-DICCIONARIO DE EXPRESIÓNS

Bota unnha ollada aos videos creados polo noso alumnado onde che explican o significado dunha escolma de expresións populares que engadirán riqueza á túa fala nas linguas da Escola.

RECOMENDACIÓNS PARA UNHA BOA LECTURA

Se queres ler moito e ben, non perdas detalle destas guías elaboradas polo alumnado da Escola:

 

OS LIBROS DA TÚA VIDA

Hai libros que deixan unha pegada imborrable na nosa vida, e hoxe o alumnado da Escola comparte esas lecturas contigo.

PRÉSTAMO ESPECIAL DE VERÁN NA BIBLIOTECA

Se che interesa gozar dos fondos da biblioteca durante todo o verán achégate a este espazo e recibe unha bolsa de algodón decorada para levar o material que precises. Consulta o horario reducido no mes de xuño nesta ligazón.

CERTAME DE MICRORRELATO EN GALEGO

Se queres gañar un suculento premio, participa o vindeiro xoves 15 de abril ás 19.30 h no "XI Certame de Microrrelato en galego EOI de Pontevedra".

A creación do relato debe realizarse de xeito presencial "in situ", a partir de tres palabras A escritora Ledicia Costas, a xornalista Susana Pedreira e o poeta e contador de historias Lois Pérez propuxeron xa cadansúa palabra para que as persoas participantes elaboren o seu relato. Queres saber cales son as palabras secretas? Bótalle unha ollada ao vídeo:

Bases do concurso

THE CHATTERBOX CLUB

Precisas practicar o inglés oralmente? Pois cada martes de abril terás a oportunidade de falar nun grupo reducido de persoas sobre os temas que che interesen durante 1 hora con dúas profes moi dinámicas: Ana e María da Universidade de Vigo. Reserva a túa praza axiña completando este formulario:

ENQUISA DE AVALIACIÓN DA ESCOLA

Como cada ano, pedímosvos que cubrades esta enquisa anónima para avaliar o funcionamento da nosa escola. Danos a túa opinión e axúdanos a mellorar cubrindo este formulario antes do 31 de marzo.

 
 

EMPARELLAD@S

Este ano conectamos con persoas arredor do mundo mediante tándems lingüísticos. Bótalle unha ollada ao proxecto:

MUSIC AND MEDIATION

EOI Pontevedra presentas a forthcoming event for bothe Intermediate and Advanced Level Students: "True Colours: When Songs Become Journeys"

XEOGRAFÍAS LECTORAS

Este ano temos novidades. O alumnado da Escola está a elaborar recensións sobre os libros que tiveron un grande impacto no devir da súa vida. Queres ler as súas historias?

Distribuir contido