Actividades culturais

COLOQUIO CON SUSANA ARÍNS

O Departamento de Galego da EOI de Pontevedra convídate o xoves 24 de novembro ás 19:00 horas ao coloquio-charla coa escritora Susana Sanches Arins, membro e impulsora da plataforma de crítica feminista A Sega e presidenta da organización non gobernamental Implicadas no Desenvolvemento.

Anímate, contamos contigo!

MICRORRELATOS DE MEDO

Bota unha ollada ás arrepiantes historias creadas polo noso alumnado que se atopan expostas no corredor da Escola:

"ESTOU A ESTUDAR PORTUGUÉS": VALENTIM FAGIM

O Departamento de Portugués convídavos a asistir ao faladoiro "Eu estou a estudar portugués" liderado por Valentim Fagim o vindeiro 27 de outubro ás 19.30 horas no salón de actos da Escola. Non o podes desaproveitar!

PUMPKIN CARVING WORKSHOP

Vén festexar o "spooky season" cunha actividade de tallado de cabazas mentres practicas o teu inglés. Actividade aberta aos cativos/as. Máis información e inscricións: plambe.eoipontevedra@gmail.com

CORO DE INGLÉS: LEARNING BY SINGING

Se queres aprender inglés dun xeito diferente, o coro de inglés é unha opción óptima para ti. A asociación de alumn@s e ax-alumn@s Materlingua está a organizar esta actividade de canto coral os martes das 18.30 ás 19.30 horas no salón de actos da Escola. Non perdas a oportunidade de participar neste coro liderado por Bonnie Cooper, profesora de canto e soprano Canadiense de recoñecido prestixio. Máis información.

RETO DE LINGUAS

Se ti tamén sintes paixón polos idiomas achégate ao salón de actos esta semana para participar no "Reto de Linguas", un xogo no que poderás poñer a proba os teus coñecementos do mundo e gañar algún premio.

  • Martes 27 de setembro ás 11.15
  • Xoves 29 de setembro ás 18.30

día europeo das linguas 22-23 de María Fernández González

VISITA GUIADA POLO MUSEO

Como vestía unha leiteira, un zoqueiro, unha redeira de hai 100 anos?

Convidámoste a descubrilo a través dunha visita guiada polo Museo: unha viaxe fascinante pola indumentaria tradicional de Galicia.

Animádevos! Máis información.

ENQUISA FUNCIONAMENTO DA BIBLIOTECA

Axúdanos a mellorar o noso servizo completando o formulario antes do 3 de xuño . A túa opinión conta! Preme na ligazón para acceder á enquisa.

PROXECTO SBLENDID - ERASMUS+

Sabías que a EOI de Pontevedra participa nun consorcio KA-104 con outras EOIs galegas? Begoña Suárez cóntounos todo o aprendido durante a mobilidade a Florencia para realizar o curso "Pedagogos dixitais" ao abeiro do Proxecto Europeo SBLENDID. 

XII CERTAME MICRORRELATO EN GALEGO

A EOI de Pontevedra, en colaboración co Concello de Pontevedra, convoca o XII Certame de Microrrelato. Será o vindeiro martes, 26 de abril.

Non é preciso ser estudante da Escola para poder participar. Está aberto a todos e esperamos gozar das vosas habilidades literarias, xa que teredes que compoñer o voso relato a partir de 3 palabras que coñeceredes no momento. Este ano, a elección das palabras correrá a cargo de deportistas galegos.

Repartiranse máis de 450 € en premios. Consulta as bases.

Distribuir contido